Hoxe,
5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.
Este
ano, o tema é “a Biodiversidade”, xa que a súa perdida é un gran motivo de
preocupación mundial.
A
biodiversidade é a gran variedade de seres vivos que hai no Planeta e, é a base
de toda a vida na Terra e da nosa saúde.
As actividades humanas levan moitos anos alterando o noso medio ambiente: o xeo
glaciar derretese, hai poucos arrecifes de coral e perdéronse grandes
extensións de bosque. Non podemos seguir por este camiño, xa que tería graves
consecuencias para a humanidade.
Por isto, con esta celebración quérese que as persoas pensemos na forma na que
consumimos, que as empresas desenvolvan modelos máis ecolóxicos, os
agricultores e fabricantes produzan de forma máis sostible, os gobernos
salvagarden os espazos silvestres, os profesores invitemos ao noso alumnado a
vivir en harmonía coa Terra e os nosos fillos alcen a súa voz e convértanse en
verdadeiros gardiáns do noso Planeta.
Estas son as actividades que realizaron algúns dos nosos alumnos para conmemorar esta data:
Marta
realizou un debuxo no que nunha parte puxo un paisaxe contaminado onde hai
moitas accións incorrectas que deberiamos de evitar, e na outra un entorno coidado tal como debería ser.
Marcos
recortou e pegou nunha folla animais, persoas pescando e nadando e basura
tirada. Tamén escribiu a palabra MAL, para indicarnos que o lixo non debería
estar aí senón no seu contedor correspondente ou reciclado.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario