viernes, 29 de abril de 2016

FESTA DOS MAIOS

Hoxe, no CRA de Ribadumia, celebramos a festa dos Maios.
Durante a mañá, mentres dúas mestras vestían o Maios, os alumnos foron pasando por varios talleres nos que:
Realizaron experimentos científicos coa axuda de Luísa do CSIC 
(Consello Superior de Investigación Científica)


Confeccionaron unha coroa cunha flor


Fixeron colares de flores para adornar o Maio


Para concluír a mañá, cantamos e bailamos ao redor do Maio acompañados duns gaiteiros que viñeron para amenizar a nosa festa.


Dende a aula de natureza, queremos darlles as GRAZAS, a este grupo de músicos, por participar connosco.

jueves, 28 de abril de 2016

ALEGRIA GINEANA

Os alumnos de Ribadumia A, estiveron plantando alegrías guineanas. 


Máis fotos dos nenos/as AQUÍ.

As súas fermosas flores de cores, van seguir enchendo de cor o noso xardín.

miércoles, 27 de abril de 2016

TAXETES

Aquí tedes aos nenos de Lois plantando taxetes no xardín.

         
Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

martes, 26 de abril de 2016

CALIBRACHOA

Mentres que o tempo o permita, na aula de natureza, seguimos plantando no noso xardín.
Esta vez, foron os alumnos de Ribadumia B os encargados de plantar Calibrachoas… 

Podedes ver máis fotos AQUÍ.

Son parecidas as petunias e, aínda que o seu nome é un pouco complicado, as súas flores de cores van a alegrar moito o noso xardín.

lunes, 25 de abril de 2016

PLANTAS AROMÁTICAS

Os nenos/as da  aula de Leiro estiveron plantando as aromáticas que nos regalou a ANPA, xunto con algunhas máis que collemos no viveiro.
Mirade que variedade delas…




TOMIÑO LIMÓN
ROMEU





RUDA










OUREGO




                                                     SALVIA                             SANTOLINA
                                                   LAVANDA                                CURRY

viernes, 22 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Mañá, 23 de abril, é o día do Libro.
O obxectivo desta celebración é render unha homenaxe aos libros e escritores, ademais de animar a todos (en especial aos máis xóvenes ) a descubrir o gusto pola lectura.
No CRA de Ribadumia, durante esta semana, realizáronse moitas actividades para conmemoralo: a mestra Montse e Jose agasalláronnos cun espectáculo con música, contos e marionetas (podedes ver fotos no blog do CRA e no das aulas de Leiro, Ribadumia B e Sisán), fixéronse marcapáxinas…
Tamén tivemos unha sorpresa moi especial... dúas mamás da ANPA trouxeron regalos para festexar este día: unha planta para cada neno/a e mestra, unha caixa con contos para a nosa biblioteca e plantas aromáticas para o noso xardín. 



 Dende a aula de natureza, queremos darlles as GRAZAS por este detalle tan bonito.

sábado, 16 de abril de 2016

PARTICIPAMOS NO CONCURSO “CUIDAMOS EL MEDIO AMBIENTE”

Un ano máis, imos participar no VI Concurso Escolar "Cuidamos el Medio Ambiente".
Está convocado a nivel nacional, e vai dirixido a alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial.
Os organizadores son Produtos IMEDIO, S.A. (UHU), e contan coa colaboración de AMEI (Asociación Mundial de Educadores Infantís).
O traballo que presentaremos vai ser a primeira misión da nosa "Patrulla Alerta Natureza".
Cando este rematado, subirémolo ao blog para que o poidades ver.

PATRULLA MEDIOAMBIENTAL

Este curso  2015-16 a través da nosa mascota Roquiña, decidimos formar unha patrulla medioambiental coa finalidade de coidar o noso entorno e contribuír a que a limpeza perdure na nosa paisaxe.
Como primeiro paso, estivemos investigando que nomes teñen as patrullas medioambientais que hai polas cidades e como son os seus traxes. Despois, cada neno/a fixo un debuxo de cómo sería o seu uniforme de patrulleiro e que nome lle poñería.
Estes son algúns dos seus deseños.






Entre os nomes que escolleron estaban:
“PATRULLA VERMELLA”, “PATRULLA DA NATUREZA”,
“PATRULLA LARANXA”, “PATRULLA COIDADORA”,
“PATRULLA ALERTA NATUREZA”, “PATRULLA NATUREZA”,
“PATRULLA BOSQUE”, “PATRULLA FLOR”...

A continuación, para que todo o colexio participara nesta actividade, os mestres votaron a vestimenta e o nome que máis lles gustaba. E os elixidos foron:

                                                           “PATRULLA ALERTA NATUREZA”

Vestimos aos nenos co uniforme de patrulleiro.


E os alumnos escolleron, por votación, as cores para o noso traxe.


Esta actividade ten como finalidade, poder utilizar aos nenos de patrulleiros a través do noso blog, con carteis pola escola…, cada vez que queiramos dar a alarma sobre unha situación medioambiental inadecuada.

TRABALLOS DO NOSO PROXECTO SOBRE OS BOSQUES

Estamos aprendendo moitas cousas sobre os bosques, aquí tedes algúns dos traballos que realizamos sobre eles.