Mañá, 23 de abril, é o día
do Libro.
O obxectivo desta
celebración é render unha homenaxe aos libros e escritores, ademais de animar a
todos (en especial aos máis xóvenes ) a descubrir o gusto pola lectura.
No CRA de Ribadumia, durante
esta semana, realizáronse moitas actividades para conmemoralo: a mestra Montse
e Jose agasalláronnos cun espectáculo con música, contos e marionetas (podedes ver fotos no blog do CRA e no das aulas de Leiro, Ribadumia B e Sisán), fixéronse
marcapáxinas…
Tamén tivemos unha sorpresa moi
especial... dúas mamás da ANPA trouxeron regalos para festexar este
día: unha planta para cada neno/a e mestra, unha caixa con contos para a nosa
biblioteca e plantas aromáticas para o noso xardín.
Dende a aula de natureza, queremos
darlles as GRAZAS por este detalle tan bonito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario