Hoxe, no CRA de Ribadumia,
celebramos a festa dos Maios.
Durante a mañá, mentres dúas
mestras vestían o Maios, os alumnos foron pasando por varios talleres nos que:
Realizaron experimentos científicos coa
axuda de Luísa do CSIC
(Consello Superior de Investigación Científica)
Confeccionaron unha coroa cunha flor
Fixeron colares de flores
para adornar o Maio
Para concluír a mañá, cantamos e bailamos
ao redor do Maio acompañados duns gaiteiros que viñeron para amenizar a nosa
festa.
Dende a aula de natureza, queremos darlles as GRAZAS, a este grupo de músicos, por participar connosco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario