domingo, 22 de mayo de 2022

ALIMÉNTATE BEN CRA DE RIBADUMIA

A mestra Ollala de Música inventou unha canción sobre as froitas e verduras, e despois fixo un vídeo con ela. Nel, os nenos cantan e bailan e tamén aparecen collages dos noso alumnos coas verduras que lles tocaron do invernadoiro e as receitas que prepararon nas casas con elas.

GRAZAS PROFE OLALLA!!

SEGUIMOS COA COLLEITA DE LIMÓNS

 Como xa temos máis limóns no noso limoeiro, os nenos de Sisán levaron algúns para as casas. 

Como estaban moi altos, foron as mestras as encargadas de collelos.

AS ÁRBORES ESPECIAIS DAS NOSAS FAMILIAS

Para o noso caderno viaxeiro “Unha ollada ás nosas árbores”xa recibimos das nosas familias moitas árbores especiais para eles e os seus nenos.

Cerdeira, oliveira, ameixeira, camelia, mandarineira, magnolio, feixoa, carballo, limoeiro… 

                                                                          MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!

martes, 17 de mayo de 2022

DÍA DA RECICLAXE

 Hoxe, 17 de maio de 2022, é o día da Reciclaxe.

El propósito desta celebración, es concienciar ás persoas da importancia de tratar os residuos como corresponde para non contribuír ao cambio climático, e así protexer o medio ambiente.

Na aula de natureza, estivemos lendo o conto “Xa non son malo” de Paula Merlán que conta a historia de Lobo Feroz que xunto co seu amigo Ourizo Rufo vixían os bosques e reciclan o lixo que atopan.

No CRA de Ribadumia tamén reciclamos:

- Os plásticos, papeis e cartóns das merendas a través dos nosos contedores.


- As pilas co noso boneco Piliñas.

- As mondas das froitas e herbas malas do noso xardín, meténdoas na nosa composteira para facer abono para as nosas plantas.




RECICLANDO COIDAMOS MELLOR O NOSO PLANETA.

FAGÁMOLO, ENTRE TODOS PODEMOS!

viernes, 6 de mayo de 2022

CANTAS RECEITAS SAUDABLES!

Mila, a mamá de Martina de Ribadumia A, mandounos unhas fotos da súa nena comendo os porros que lle tocaron no sorteo das verduras do noso invernadoiro.

O nome da receita é: “crema de cabaciñas e porros”.

Emilia tamén enviounos a ensalada que prepararon coa leituga que lle tocou ao seu fillo Rodrigo de Ribadumia B.

Tamén recibimos foto de Farah de Lois, comendo unhas “lentellas vexetais” que preparou a súa avoa e que levan os porros triturados que lle tocaron

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!

QUE RICA TEN QUE ESTAR ESTA RECEITA!

lunes, 2 de mayo de 2022

XA TEMOS LIMÓNS!

O noso limoeiro xa ten limóns que están listos para a colleita, por iso estamos colléndoos para que os nenos os poidan levar para degustar nas casas.

PODEMOS FACER LIMOADA!!

Pinchando AQUÍ tamén tedes unha mousse ou espuma de limón con iogur, que xa preparamos no colexio.

domingo, 1 de mayo de 2022

AS HORTALIZAS

Na aula de natureza estamos cun proxecto sobre as hortalizas.

Primeiramente conversamos sobre o importante que é o seu consumo, xa que son alimentos moi nutritivos que ademais contribúen a hidratar o noso organismo debido ao seu alto contido de auga.

Despois realizamos a súa clasificación atendendo á parte da planta que comemos.