jueves, 31 de mayo de 2018

OS XOGOS DE SEMPRE

A mestra Olalla xa está poñendo en practica, nas clases de Educación Física, os xogos tradicionais que están mandando as nosas familias a través do caderno viaxeiro "A que xogamos?". A corda, a goma, o comecacho, o prato, a mariola, as canicas, o pano, as agachadas, as chapas, carreiras de sacos,  a galiña cega..., son algúns dos xogos cos que enredabamos e que é necesario transmitir de xeración en xeración. É moi importante, xa que son moitos os valores que veñen implícitos con eles tales como: a amizade, o deporte, a creatividade, a imaxinación, aprender a perder e a gañar, aprender a superarse...

SURFINIAS E CELOSIAS

Hoxe, xoves 31 de maio, os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando nas nosas rodas recicladas, surfinias e celosias.
CELOSIAS

SURFINIAS

Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 17 de mayo de 2018

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE

O 17 de maio celébrase o Día Mundial da Reciclaxe co obxectivo de concienciar á poboación acerca da utilidade de esta ferramenta sinxela, e ao alcance de todos, para a mellora do medio ambiente. Trátase dun proceso polo cal un produto xa usado, en principio destinado ao desfeito, é procesado para que poida ser reutilizado, reducindo así o impacto medioambiental dos nosos hábitos de consumo.
Nós, na aula de natureza, poñemos en práctica as "tres erres". Reducimos a cantidade de lixo a tirar, reutilizamos algunhas cousas dándolle outras utilidades (botas vellas, vasos de iogur e rodas para plantar...) e reciclamos cos nosos contedores, o boneco Piliñas (para botar as pilas) e a composteira (para facer abono para as nosas plantas). 


                              Animamos a todos a facer o mesmo, para coidar o noso Planeta.

lunes, 14 de mayo de 2018

viernes, 11 de mayo de 2018

UN AGASALLO

Hoxe veu o alcalde e as persoas que participaron nun obradoiro de xardinería do Concello, para agasallarnos con macetas con taxetes. 
Plantaron moitas sementes e pensaron en nós para regalarnos as que tiñan demais.
Cada neno levou unha para coidar na casa e as que sobraron, plantámolas nas nosas rodas recicladas.



Dende o C.R.A de Ribadumia, mestres e alumnos queremos darlles as grazas.  

ALEGRÍAS

Os nenos de Sisán estiveron plantando alegrías.
Con estas flores, xa temos o noso xardín cheo de cores.


 Máis fotos AQUÍ.

miércoles, 9 de mayo de 2018

martes, 8 de mayo de 2018

lunes, 7 de mayo de 2018

REMOLACHAS, ACELGAS, LEITUGAS E PORROS

E seguimos sorteando máis verduras e hortalizas. Esta vez son acelgas, remolachas e leitugas.








BEGONIAS

Chegou o bo tempo e na aula de natureza volvemos a plantar no noso xardín. 
Os primeiros en facelo foron os nenos de Leiro e a flor elixida foi a begonia.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.