Así que decidimos poñer en marcha un novo caderno viaxeiro, que vai percorrer os fogares dos nosos alumnos. Con el pretendemos recuperar eses xogos tradicionais aos que xogabamos nós de pequenos. Cando xa teñamos un cantos, coa axuda da mestra Olalla (de Educación Física), iremos practicándoos
para que todos os vaian coñecendo.
sábado, 24 de marzo de 2018
A QUE XOGAMOS?
De
correr ou agochar, de grupo ou equipo, de roda, con pelota, de lanzar, das
chapas, da goma, da corda…, consideramos que todos estes xogos tradicionais que
teñen gran valor como transmisores de cultura e tradición están sendo anulados
polos electrónicos ou online. Por isto, pensamos que é moi importante
ofrecer aos nenos enredos diferentes aos que hoxe en día marca a publicidade.
Fronte aqueles nos que prima o propio xoguete, e nos que é moi difícil
compartir a actividade e interactuar con outros rapaces, e moito mellor o xogo en
compañía de amigos. Deste xeito, ademais de favorecer a súa socialización,
aprenden a acatar e entender as distintas normas e regras dos mesmos e a
divertirse sen necesidade de contar con elementos auxiliares como os xoguetes,
videoxogos…
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario