jueves, 22 de noviembre de 2012

domingo, 18 de noviembre de 2012

PLANTAS PARA O NOSO XARDÍN


Seguimos enchendo de plantas o noso xardín. Esta vez, plantamos berzas decorativas no parterre do tacto e no do gusto porros. Os encargados de realizar este traballo foron os nenos da aula de 4-5 anos de Ribadumia.


 



Podedes pinchar neste ENLACE para ver máis fotos.

PLANTAMOS PORROS NO INVERNADOIRO E CEBOLAS NO XARDÍN


Os alumnos de Lois estiveron plantando porros no invernadoiro.
 
 

E cebolas no parterre do gusto do noso xardín.

Máis fotos AQUÍ.

GRELOS E LEITUGAS




Seguimos enchendo o invernadoiro de verduras. Esta vez, foron os nenos de Ribadumia 3-4 anos os que estiveron plantando as sementes de grelos que xa medraron e tamén pequenas plantiñas de leituga que mercamos.

Tamén puxemos no parterre do gusto do noso xardín dos sentidos algunhas plantas de leituga.




Para ver máis fotos pinchade AQUÍ.

FIXEMOS ARRANXOS NO INVERNADOIRO E COMEZAMOS A PLANTAR…


Como a terra do invernadoiro era moi dura e con moitas pedras, moitas das verduras e hortalizas que se plantaban non medraban. É por isto que, para poder ter unha maior cantidade e altura de terra branda, decidimos facer parterres utilizando taboleiros de madeira.
Dende este blog, queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron para que isto fora posible:

-       Os nenos, que nos axudaron a limpar o invernadoiro quitando as malas herbas, pedras…

-       Os operarios do Concello que estiveron sachando para remover e abrandar a terra.

-       O papá de Martiño (alumno de Leiro), que nos fixo os taboleiros.

-       O profe Rafa que fixo os parterres de madeira, axudou a poñelos e a enchelos de terra.
Aquí tedes unha foto de cómo están quedando.

 
Aínda que non rematamos todos os parterres, xa imos plantando no que está feito. Os primeiros en facelo foron os alumnos da aula de Leiro que, como xa medraron as sementes de perexil transplantáronas ao invernadoiro.
 
 
 
Se queredes ver máis fotos dos nenos, pinchade neste ENLACE.
 

domingo, 11 de noviembre de 2012

PRÍMULAS E MÁIS BULBOS DE TULIPÁN…




Seguimos enchendo de flores o noso parterre da vista!.
Esta vez, foron os nenos da aula de Sisán os que estiveron plantando prímulas e bulbos de tulipán.
 
Nuns días subiremos ao blog algunhas fotos para que poidades ver o bonito esta quedando o noso xardín dos sentidos.
Máis fotos AQUÍ.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

BULBOS…


No noso xardín tamén puxemos bulbos. No parterre do olfato plantamos bulbos de xacinto e no da vista de tulipán.
Os nenos de Lois foron os encargados de realizar esta tarefa.
 
 

 
Tedes máis fotos neste ENLACE.
 

REPOLOS E PORROS


Os alumnos da aula de Ribadumia de 3-4 anos, foron os que comezaron a plantar no parterre do gusto. As verduras que eliximos son os porros e repolos.

Podedes ver máis fotos AQUÍ.
Estamos desexando que medren pronto para sortealos entre os nenos do C.R.A e que os podan levar as súas casas para facer riquísimas receitas con elas.   

domingo, 4 de noviembre de 2012

COMEZAMOS A PLANTAR NO NOSO XARDÍN DOS SENTIDOS


Este curso, os primeiros en plantar no noso xardín dos sentidos foron os nenos da aula de Leiro.
As primeiras flores que puxemos, para darlle cor ao noso parterre da vista, foron as violas e os pensamentos.
 
Se queredes ver máis fotos, este é o ENLACE.

jueves, 25 de octubre de 2012

COMO MEDRAN AS SEMENTES!

As sementes que plantamos de alelí, pensamento, grelos e perexil, xa están medrando. Cando sexan un pouco máis grandes, transplantarémolas ao xardín e invernadoiro.  



martes, 16 de octubre de 2012

OS COGOMELOS


Imos comezar un proxecto sobre os cogomelos a través do que pretendemos que os nenos coñezan: as súas partes, cales son velenosos e cales comestibles, adiviñas e curiosidades sobre eles…

Esta semana as actividades que estamos a realizar son:
-       Saír ao noso xardín para buscar cogomelos e observar como son (a súa forma, cor, tamaño…).

-       Facer a portada do libriño, que imos elaborar sobre eles, escribindo o título que decidimos darlle: OS COGOMELOS (a maioría dos nenos coñecen o seu nome en castelán pero non como se di en galego).

domingo, 14 de octubre de 2012

GRELOS


Os nenos de Ribadumia de 4 e 5 anos plantaron sementes de grelos.


Unha vez que medren transplantarémolos ao invernadoiro.
Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.





Ao igual que as outras aulas, tamén fixeron unha ficha para lembrar o nome da planta sementada e a data na que se plantou.

ALELÍ



Aos nenos de Lois, tocoulles plantar sementes de alelí.





Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

Tamén realizaron unha ficha na que traballamos o nome da planta que se sementou e a data na que se fixo.