domingo, 30 de septiembre de 2018

SEMENTES DE TAXETE

Os taxetes que plantamos o curso 2017-18 no xardín morreron e collémolos. Cada neno/a:
- Puxo nun sobre o seu nome e o desta planta.
- Quitáronlle as sementes aos taxetes que se recolleron.
- Metéronnas no seu sobre.
Leváronnas as casas para poder plantalas nos seus xardíns o en macetas.







CANTO MEDRARON AS NOSAS MASCOTAS!

Esta primeira semana, na aula de natureza, os nenos novos estiveron coñecendo 
as nosas mascotas e os demáis vendo canto medraron. 
A nosa tartaruga Borja xa está máis grande e tivemos que cambiarlle o seu acuario, 
e os peixes tamen medraron moito.
Estiveron dándolles de comer e despois falamos de que, durante o curso, cada 
día un neno/a de cada aula será o responsable desta actividade.





domingo, 23 de septiembre de 2018

COLLENDO AS ABELÁS DA NOSA ABELEIRA

Os nenos da aula de Leiro, estiveron collendo as abelás que deu a nosa abeleira. 


Con elas van preparar algunha receita no seu taller de cociña. Cando o fagan, subirémola a este blog para que poidades facela nas vosas casas.

INICIAMOS O CURSO 2018-19

Un ano máis, volvemos a ser un dos colexios participantes no programa medioambiental de Voz Natura.
Na súa 22ª edición, queren dar especial protagonismo á preservación e coidado dos montes e bosques. Protección, recuperación e posta en valor da súa riqueza, conservación da súa biodiversidade e sensibilización social sobre a problemática dos incendios forestais.


Nós, todas as actividades que realizamos na aula de natureza van encamiñadas a que os nosos alumnos/as:
    - Descubran o proceso de crecemento dalgunhas plantas e as súas necesidades, coidados e as técnicas de cultivo tradicional.
        - Coñezan  a orixe dos alimentos que tomamos. 
      - Recoñezan a importancia do emprego de abonos naturais para o xardín e invernadoiro (elaboración de compost).
            - Aprendan a: Separar os residuos orgánicos dos inorgánicos a través da recollida selectiva e reutilizar algúns (botellas de plástico decoradas para facer de macetas, medias vellas para elaborar saquiños aromáticos...) 
           - Coñezan a importancia da terra, sol, aire e auga, non só para as plantas  e árbores, senón tamén para todos os seres vivos. 
         - Desenvolvan comportamentos responsables respecto a tarefas de interese común e, aprendan a traballar en equipo. 
    Este curso 2018-19 co noso proxecto "A terra e a nosa casa. Coidémola!", ademais de realizar tarefas medioambientais, tamén imos levar a cabo traballos e actividades para contribuír á conservación dos nosos bosques e montes a través de: 
          - Concienciar sobre a importancia dos bosques e montes. Os bosques e montes son moito máis que un grupo de árbores acumulados nun espazo natural. Son esenciais para reducir as consecuencias do cambio climático ou desastres naturais, para a conservación da biodiversidade, proporcionan vivendas e moitos postos de traballo, contribúen a mellorar a alimentación mundial e son unha fonte de enerxía renovable. Por todo isto, hai que loitar para impedir a deforestación dos mesmos. Dende a escola, podemos concienciar aos nosos alumnos da importacia de facer un uso correcto dos elementos creados con árbores ademais de animar a plantalos 
           - Aproveitar os produtos de papel e madeira. Hai que facer un uso responsable dos produtos e bens que proveñen dos bosques e montes, utilizando só o imprescindible. Aproveitando os papeis polas dúas caras, reutilizando os envoltorios ou papeis de regalo...
       - Reciclar o papel e o cartón. Algo tan sinxelo como reciclar papel ou cartón, supón importantes beneficios para o coidado dos nosos bosques e montes. Tamén podemos adquirir produtos de papel e cartón reciclados. É importante, explicarlles por qué facemos esta separación e os seus efectos: menos tala de árbores, menos gasto de enerxía 
         - Reutilizar. Hai que ensinarlles a aproveitar todo o posible os elementos que van a acabar no lixo. Podemos utilizalos como materiais para manualidades relacionadas coa natureza, co que axudaremos ao seu acercamento ao medio ambiente.
      - Limpeza. Ademais de que aprendan sobre a reciclaxe e a reutilización, é moi importante que comprendan que non hai que ensuciar. Temos que fomentar o uso de papeleiras e prohibir que se tiren desperdicios ao chan. Teñen que entender que o entorno é de todos e que si colaboramos podemos manter os bosques, montes, parques, colexios..., sen suciedade. O coidado do medio ambiente comeza por conservalo limpo e saudable.