lunes, 16 de octubre de 2023

DÍA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro de 2023, é o día da Alimentación.

O lema deste ano 2023 é: “A auga é vida. A auga nutre. Non deixar a ninguén atrás”.

Sabemos que é esencial para a vida na Terra xa que cubre a maior parte da superficie do Planeta, produce os nosos alimentos, constitúe máis do 50% do noso corpo… Por isto, temos que comezar a tomar medidas para xestionala de maneira prudente.

Este curso 2023-24 temos un dispensador de auga para recoller a da choiva, e regar con ela as nosas plantas e verduras. Deste xeito, estaremos aforrando a que colliamos da billa para realizar esta tarefa.

Para conmemóralo, na aula de natureza, estivemos lendo dous contos:

“Vamos al huerto” de R. Nadal (editorial EdArca). Que explica como hai que plantar as verduras, cales medran por enriba e por debaixo da terra, de que cores son, a importancia de regalas...

“El huerto. Un libro para iluminar” de Carron Brown (editorial Astronave). Nel, a través da plantación dunhas sementes de tomate imos descubrindo: que necesitan as verduras e hortalizas para medrar, que bichos e animais favorecen ou prexudican o seu crecemento, que ferramentas usamos para plantar e coidar a horta… 

Este último encantoulles, xa que nalgunhas follas hai cousas agochadas que podemos descubrir iluminando o seu reverso cunha luz.

Despois destas lecturas, falamos da necesidade de comer alimentos sans e non tiralos, xa que hai moita xente que ten falta deles.

Para rematar, escribimos a data e que é o que celebramos e despois cada neno coloreou e pegou ás  verduras e hortalizas que máis lle gustaba comer.


lunes, 9 de octubre de 2023

LIMPANDO O XARDÍN E INVERNADOIRO

Estes días estamos quitando, do invernadoiro e xardín, todas as herbas malas que saíron durante o verán.

Unha vez que estean limpos, comezaremos a plantar.

Como sempre, antes de realizar estas tarefas, poñemos as luvas e os mandís para non mancharnos de terra.

LEIRO


RIBADUMIA B



LOIS


RIBADUMIA A



SISÁN


miércoles, 4 de octubre de 2023

DÍA DOS ANIMAIS

 Hoxe, 4 de outubro, é o día dos animais.

Esta data ten como obxectivo promover os seus dereitos e mellorar o seu benestar en todo o mundo.

Na aula de natureza estivemos falando de que hai moitos animais que son explotados, maltratados, abandonados, e outros que están en perigo de extinción debido á caza furtiva, destrución dos seus hábitats…

Tamén comentamos que se queremos un animal de compañía sería moi bo adoptar aqueles que non teñen fogar.

Despois lemos, o conto “El retorno de Villarina” editado por Carrefour coa colaboración de FAPAS (Fundación para a protección de animais salvaxes).

Este libro, narra a historia real dunha osiña chamada Villarina que naceu na  Cordilleira Cantábrica e que foi atopada ferida por uns turistas madrileños. Despois de recibir atención veterinaria en varios centros, foi liberada no seu medio natural.

Para rematar, escribimos o que conmemoramos hoxe e debuxamos a Villarina no seu entorno unha vez curada.