viernes, 24 de septiembre de 2021

COLLENDO OS FROITOS DAS NOSAS ÁRBORES

Esta semana, ademais de ver cales son as ferramentas e utensilios que usaremos no xardín e explicar cales son as súas normas de utilización, tamén estivemos recollendo os froitos dalgunhas das árbores froiteiras que temos no noso xardín.

Despois os nenos os levaron para degustar nas casas.

ABELÁS

Non resultou fácil apañalas, xa que algunhas estaban agachadas debaixo das follas secas e outras aínda metidas nas brácteas que é o envoltorio que rodea o froito e que en moitos casos e máis grande que el.

FIGOS

Como as súas follas poden dar reaccións alérxicas, a mestra foi a encargada de collelos da árbore utilizando luvas.



CASTAÑAS

Para que os nenos non se pincharan, a mestra sacounas cos pés e eles encargáronse de coller as castañas que xa estaban fora dos ourizos polo chan.

A TARTARUGA BORJA

 Esta semana, xa volveu á escola a nosa tartaruga Borja.

Os nenos de 4 e 5 anos puideron observa como medrou despois destes dous meses de verán, e os de 3 anos coñecer a mascota que temos na aula de natureza.

A partires de agora, un neno de cada aula daralle de comer o día que lle toca a ese grupo realizar as actividades da mañá en Leiro.


sábado, 18 de septiembre de 2021

COMEZAMOS!!

Este luns, 20 de setembro, iniciamos as actividades da aula de natureza do CRA de Ribadumia.

Este curso 2021-22 seguimos formando Do Programa Medioambiental “Voz Natura” da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre, que este curso cumpre 25 anos e quere conmemorar este aniversario rendendo unha homenaxe a todos os mestres e alumnos que, dende as aulas, converteron esta iniciativa nun referente na defensa do medio ambiente.

Hoxe en día o noso Planeta atravesa por moitos problemas medioambientais debido á actividade humana: cambio climático, deforestación, perdida de biodiversidade, contaminación... Debido a isto, consideramos que resulta imprescindible que dende a etapa de Educación Infantil os nenos adquiran conciencia da importancia de coidar a natureza e ao mesmo tempo amplíen os seus coñecementos sobre ela a través dunha metodoloxía activa e participativa que os leve a mellorar as súas condutas no futuro.

No noso colexio queremos que, ademais de que aprendan cousas novas, entendan que o seu papel é importante. De aí que, cando se realiza por primeira vez calquera actividade relacionada co coidado do noso Planeta, explicáselles porque hai que facela e as consecuencias positivas que aportará.

Algunhas das actividades que faremos na aula de natureza serán: quitar as malas herbas, plantar no xardín e invernadoiro, realizar o sorteo das nosas verduras para preparar riquísimas e saudables receitas nas casas, reciclar, facer compost coas mondas das merendas e herbas malas, coidar a nosa tartaruga Borja, realizar proxectos (os cogomelos, as leitugas, a auga…).