sábado, 18 de septiembre de 2021

COMEZAMOS!!

Este luns, 20 de setembro, iniciamos as actividades da aula de natureza do CRA de Ribadumia.

Este curso 2021-22 seguimos formando Do Programa Medioambiental “Voz Natura” da Fundación Santiago Rey Fernández Latorre, que este curso cumpre 25 anos e quere conmemorar este aniversario rendendo unha homenaxe a todos os mestres e alumnos que, dende as aulas, converteron esta iniciativa nun referente na defensa do medio ambiente.

Hoxe en día o noso Planeta atravesa por moitos problemas medioambientais debido á actividade humana: cambio climático, deforestación, perdida de biodiversidade, contaminación... Debido a isto, consideramos que resulta imprescindible que dende a etapa de Educación Infantil os nenos adquiran conciencia da importancia de coidar a natureza e ao mesmo tempo amplíen os seus coñecementos sobre ela a través dunha metodoloxía activa e participativa que os leve a mellorar as súas condutas no futuro.

No noso colexio queremos que, ademais de que aprendan cousas novas, entendan que o seu papel é importante. De aí que, cando se realiza por primeira vez calquera actividade relacionada co coidado do noso Planeta, explicáselles porque hai que facela e as consecuencias positivas que aportará.

Algunhas das actividades que faremos na aula de natureza serán: quitar as malas herbas, plantar no xardín e invernadoiro, realizar o sorteo das nosas verduras para preparar riquísimas e saudables receitas nas casas, reciclar, facer compost coas mondas das merendas e herbas malas, coidar a nosa tartaruga Borja, realizar proxectos (os cogomelos, as leitugas, a auga…).

No hay comentarios:

Publicar un comentario