lunes, 30 de noviembre de 2020

AS ÁRBORES

Seguindo coa Ruta da Pedra e da Auga, empezamos a coñecer que árbores podemos atopar neste percorrido.

A primeira foi O CARBALLO

Como temos moitos no noso xardín de Leiro, saímos para ver como son as súas follas e o seu froito, se é de folla caduca ou perenne.... 


Despois, na aula de natureza, fixemos unha ficha coa que recordar todo o que descubrimos sobre esta árbore.


lunes, 23 de noviembre de 2020

PENSAMENTOS

Seguimos enchendo de flores, de moitas cores, o noso xardín. Esta vez tocoulle aos alumnos de Leiro, que estiveron plantando pensamentos.


Tamén botaron cortiza de pino ao redor dalgunhas das plantas que xa tiñamos.

Podedes ver máis fotos dos nenos pinchando neste ENLACE.

jueves, 19 de noviembre de 2020

REUTILIZANDO RODAS DE TRACTOR

Os nenos de Ribadumia A plantaron coles decorativas nunhas rodas de tractor, que reutilizamos como testos. Deste xeito reciclamos e reducimos a cantidade de lixo que tiramos.


Máis fotos AQUÍ.

martes, 17 de noviembre de 2020

VIOLAS

 Os alumnos de Ribadumia B, estiveron plantando violas no xardín.


Despois botaron ao redor das plantiñas cortiza de pino, que ademais de evitar que saian moitas herbas malas tamén vai servir para:

- Evitar que cada vez que reguemos, a auga se evapore con máis rapidez.

- Protexer as raíces contra o frío e a conxelación en inverno e mantelas máis frescas no verán.

Podedes ver máis fotos pinchando neste ENLACE.

lunes, 16 de noviembre de 2020

domingo, 15 de noviembre de 2020

OS MUÍÑOS

Como na Ruta da auga e a pedra podemos atopar muíños, comezamos por coñecer como funcionaban estes artefactos que utilizaban a forza da auga como fonte de enerxía para moer cereais e producir fariña.

Primeiramente estivemos mirando os tipos de cereais que máis se utilizaban para moer (millo, trigo e centeo), e despois vimos o vídeo  de “O muíño do Martiño” para ver como era o seu funcionamento.

Despois, estivemos aprendendo os nomes das partes máis importantes e para que servía cada unha. 

CICLAMEN

 Comezamos a plantar no xardín, e os primeiros en facelo foron os alumnos de Sisán.

A planta que eliximos foi o ciclamen, e para que sexan máis vistosas escollemos variedade de cores como branco, vermello, rosa, fucsia…

Podedes ver máis fotos se pinchades AQUÍ.

domingo, 8 de noviembre de 2020

A RUTA DA PEDRA E DA AUGA

Como o Concello de Ribadumia conta cun patrimonio histórico moi importante, dende a escola queremos que os nosos alumnos o coñezan e así valoren a riqueza e a importancia da zona onde viven. Por iso imos comezar un pequeno proxecto a través do que pretendemos que coñezan A RUTA DA PEDRA E DA AUGA.

Para percorrela, partiremos dun elfo que aparece nun caderno (editado polo Concello de Ribadumia)  que leva por título “Os camiños da auga”.

Na aula de Natureza xa presentamos a este elfo que vai servir de guía. Os nenos de cada aula, tiveron que poñerse de acordo para poñerlle un nome e elixir as cores da súa vestimenta.

                                                                                LOIS


                                                                 LEIRO             RIBADUMIA B

                                                                SISÁN              RIBADUMIA A  

A partir de agora,  a través deste percorrido, coñeceremos os seus muíños e as especies de animais, plantas e árbores que podemos atopar nesta ruta ao seu paso polo Concello de Ribadumia.

PORROS

Os nenos de Sisán estiveron plantando porros, para acabar de encher o invernadoiro con moitas verduras.



Tedes máis fotos neste ENLACE.

Agora a esperar que medren para sortealas entre os alumnos, e que así poidan preparar con elas riquísimas e saudables receitas.

LIMPANDO O XARDÍN

Os nenos das aulas de Ribadumia B, Lois e Ribadumia A, estiveron quitando as malas herbas e follas secas do xardín para poder plantar e enchelo de flores con moitas cores.