viernes, 30 de septiembre de 2016

REPOLOS E BRÓCOLI

Os/as alumnos/as de Sisán, estiveron plantando no invernadoiro brócoli e repolos. 
BRÓCOLI 


REPOLOS



A vindeira semana seguiremos plantando ata enchelo de verduras para posteriormente sortealas, entre os nenos/as do CRA, cando medren.
 Podedes ver máis fotos AQUÍ.

jueves, 29 de septiembre de 2016

TEMOS MASCOTAS!

Na aula de Leiro, a parte dos peixes do noso estanque, temos novas mascotas... 
TARTARUGAS
Esta semana estivemos observándoas, mirando o que comen, como son, se son machos ou femias... 






Na aula de natureza tamén estamos elixindo, entre todos, os nomes que lles imos poñer. Cada alumno/a escribe o que maís lle gusta nun papel e imos pegándoos nunha cartolina. Ao final, os dous que máis se repitan serán os escollidos.

COLLENDO MAZÁS

Esta semana, os/as nenos/as das distintas aulas, estiveron collendo as mazás da nosa maceira. As fotos dos alumnos de Leiro, xa as puxemos na entrada 





Para a vindeira semana, faremos con elas unha deliciosa torta de mazá. Os alumnos de Leiro xa fixeron a súa no seu taller de cociña.

PLANTANDO LEITUGAS

Comezamos a plantar!
Hoxe, os/as nenos/as da aula de Ribadumia A, estiveron plantando leitugas en macetas.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

jueves, 22 de septiembre de 2016

A NOSA COLLEITA DE FROITOS

Hoxe, día no que comeza o outono, os nenos e nenas da aula de Leiro saíron ao xardín para coller os froitos que deron as nosas árbores.
Estivemos mirando se habia castañas nos castiñeiros, pero ainda están verdes os ourizos e temos que esperar a que maduren e caían ao chan.


Fomos ata a abeleira e alí puidemos coller moitas abelás. 


Cada neno/a tamén colleu unha mazá da nosa maceira. Como temos moitas, e chegan para todos os alumnos, pode que fagamos unha receita con elas...


sábado, 17 de septiembre de 2016

INICIAMOS O CURSO 2016-17


Este curso 2016-17, volvemos a ser un dos colexios participantes na 20ª edición do Programa Medioambiental Voz Natura. Dende o CRA de Ribadumia queremos felicitarlles, no seu aniversario, polo traballo que levan a cabo para a recuperación e defensa da natureza.
Baixo o lema "20 anos máis contigo", queren invitarnos a seguir traballando xuntos para coidar o noso entorno e así acadar un futuro mellor.
Nós, co noso Proxecto "Interactuamos coa natureza e coidamos o medio ambiente", pretendemos utilizar todos os nosos recursos educativos para que os alumnos coñezan mellor o seu entorno e saiban como e porque deben coidalo.
Partindo das nosas mascotas, Verdiño (que nos axuda a respectar e coidar as plantas do noso xardín e invernadoiro) e Roquiña (que quere que protexamos o Planeta a través de accións como reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais...) aprenderemos:
-  O nome e normas de utilización das ferramentas e utensilios de labranza que usaremos no noso xardín e invernadoiro.
-  A facer compost utilizando as follas secas, mondas das froitas das merendas, malas herbas...
- Moitas cousas relacionadas coas plantas, verduras, froitas, árbores, animais... A través dos nosos Proxectos.
- A reciclar. Separaremos o lixo e tirarémolo no contedor que corresponda (plástico, papel, vidro ou orgánico). Tamén reciclaremos as pilas co noso moneco Piliñas.
- A reutilizar. Ensinarémoslles a utilizar algúns obxectos dándolles outros usos, co fin de producir menos lixo e gastar menos recursos (vasos de iogur, zapatos vellos, pratos de plástico das festas, tapóns...)
- A cociñar. Faremos algunhas receitas coas froitas que dan as nosas árbores, as verduras do noso invernadoiro...
A nosa biblioteca escolar vai ter un papel fundamental, xa que nela buscaremos a información sobre os proxectos que realizaremos, as plantas e verduras que sementaremos, as árbores...
Ademais, este curso 2016-17, imos utilizar moitos contos e libros como base para aprender que cousas podemos facer para coidar o medio ambiente: "Había una vez una semilla", "El gran libro de la ecología", "Huerto fácil con niños", "El viaje de Kirima", "Wangaria y los árboles", "La historia del Rainbow Warrior", "por qué debo ahorrar agua". Aínda que os libros están en castelán (hai moi poucos en galego sobre o medio ambiente), os traballos que realicemos entorno a eles serán en galego.