lunes, 29 de febrero de 2016

PLANTAMOS AMORODOS NO XARDÍN



Por fin mellora o tempo e podemos saír ao xardín a plantar.
Os alumnos de Leiro foron os encargados de iniciar esta actividade, plantando amorodos no parterre das plantas comestibles.


Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

domingo, 28 de febrero de 2016

OS BOSQUES



Comezamos un novo proxecto sobre os bosques a través do que imos a traballar:
      Que é un bosque.           Como se forman os bosques.         Xerminación dunha árbore.
               Como sabemos a idade dunha árbore.                   Beneficios das árbores.
        Perigos para os nosos bosques.            Animais que podemos atopar nos bosques. 
Árbores dos nosos bosques (o seu nome,  tipo e a forma da súa folla, nomes do seu froito, características…)  

martes, 2 de febrero de 2016

MOUSSE DE LARANXA

Este curso 2015-16, como o noso laranxeiro deu moitas laranxas, estamos facendo mousse de laranxa (o curso pasado fixémola de limón). Cada alumno trouxo un iogur, que mesturamos coas laranxas e un bote pequeno de leite condensada. 
Aquí tedes as fotos dos nenos, das distintas aulas, espremendo, batendo e botando os iogures no taller de cociña da aula de natureza.






Despois escribiron o nome da receita e os ingredientes que utilizamos para a súa elaboración.