jueves, 28 de enero de 2016

O NOSO COGOMELARIO

Na aula de natureza, estamos facendo un libriño onde recollemos nome e foto dalgúns cogomelos.
Para distinguir cales se poden comer e cales non, poñemos nos velenosos unha caveira e nos comestibles un garfo e un coitelo.





RATOChámase así xa que, pola súa cor gris e as súas fibras que semellan pelos, parece un rato. Medra no outono e tamén a comezo do inverno. Podemos atopalo nos piñeirais.

XEMATen un sabor lixeiramente doce. Cando comeza a medrar semella o ovo dunha galiña (a volva a clara e o sombreiro a xema). Atopámolo no outono, despois de veráns moi quentes, debaixo dos carballos e castiñeiros.








GALERINAÉ moi pequeno e medra nos troncos cortados dos piñeiros. Ten cheiro a fariña e o seu veleno é mortal.


MATAPARENTESMedra baixo castiñeiros e carballos dende finais do verán ata primeiros do outono e, desaparece coa chegada do frío. É unha especie que hai que protexer xa que non hai moitos.










CABRILLATen forma de copa e un forte cheiro a albaricoque ou melocotón seco. Medra de primavera a outono en zonas húmidas.

FAISÁNTen un sabor doce que lembra ás abelás. Medra nos bosques de piñeiros de setembro a novembro.










MATAMOSCASParaliza temporalmente aos insectos que se poñen en contacto con el. É o cogomelo que aparece debuxado nos contos e, asóciase aos gnomos.

BRUXAO seu nome ven pola forma cónica do seu sombreiro, que semella o dunha bruxa. Atopámolo no outono en bosques de piñeiros e aciñeiras. Conten “muscarina” que é unha sustancia moi tóxica.







TROMPETA DA MORTEChámase así, xa que ten forma de trompeta. Medra nos meses de outono en zonas húmidas (preferentemente baixo as faias). A pesar do seu aspecto ten un cheiro agradable e un bo sabor.


LINGUA DE GATOTen un tacto aveludado. É mellor comer os exemplares máis novos, xa que os adultos soen amargar. Recibe este nome, polo seu sombreiro que é moi semellante ás linguas de gato (galletas). Cheira moi ben e medra no outono.















BOLA DE NEVE. É de cor branco cando é novo, despois pasa ao rosa e ao madurar colle unha cor marrón chocolate. De novo, ten forma de bola ou globo e, cando medra vólvese aplanado como un prato. Ten cheiro semellante ao anís e, medra dende primavera ata o outono.

PERROCHICO. Ten cheiro a fariña recen moída. Medra en primavera nos prados e, atopámola moitas veces formando círculos.










FALSA COLMEILLA. O seu sombreiro engurrado, semella un cerebro. O seu nome é debido, a que pode confundirse coa colmeilla comestible. Medra en lugares montañosos, debaixo de piñeiros, e sae a finais da primavera.


FUNGO DA MORTE. É un dos cogomelos máis perigosos. Atopámolo no outono preto dos piñeiros, abetos, castiñeiros, aciñeiras e bidueiros.

domingo, 17 de enero de 2016

OS COGOMELOS

Aínda que a época para coller cogomelos é o outono (algúns tamén na primavera), nos estamos agora cun proxecto sobre eles.
O proxecto sobre os caracois, plantar no xardín e invernadoiro e, sobre todo, o feito de ter un só día a semana no que os alumnos das distintas aulas traballan na aula de natureza, son a causa de non habelo iniciado na temporada de recollelos.
O que estamos facendo é coñecer as súas partes, algunhas das súas características, para que se fan exposicións deles...





Tamén imos facer un cogomelario, onde recolleremos foto e nome dalgúns cogomelos comestibles e velenosos.