Na
aula de natureza, estamos facendo un libriño onde recollemos nome e foto
dalgúns cogomelos.
Para
distinguir cales se poden comer e cales non, poñemos nos velenosos unha caveira
e nos comestibles un garfo e un coitelo.
RATO. Chámase así xa que, pola súa
cor gris e as súas fibras que semellan pelos, parece un rato. Medra no outono e
tamén a comezo do inverno. Podemos atopalo nos piñeirais.
XEMA. Ten
un sabor lixeiramente doce. Cando comeza a medrar semella o ovo dunha galiña (a volva a clara e o sombreiro a xema). Atopámolo no outono, despois de veráns moi
quentes, debaixo dos carballos e castiñeiros.
GALERINA. É moi pequeno e medra nos troncos
cortados dos piñeiros. Ten cheiro a fariña e o seu veleno é mortal.
MATAPARENTES. Medra baixo castiñeiros e carballos
dende finais do verán ata primeiros do outono e, desaparece coa chegada do frío.
É unha especie que hai que protexer xa que non hai moitos.
CABRILLA. Ten forma de copa e un forte cheiro a
albaricoque ou melocotón seco. Medra de primavera a outono en zonas húmidas.
MATAMOSCAS. Paraliza temporalmente aos insectos que se poñen en contacto con el. É o cogomelo que aparece debuxado nos contos e, asóciase aos gnomos.
BRUXA. O seu nome ven pola forma cónica do seu sombreiro, que semella o dunha bruxa. Atopámolo no outono en bosques de piñeiros e aciñeiras.
Conten “muscarina” que é unha sustancia moi tóxica.
TROMPETA
DA MORTE. Chámase así, xa que ten forma de trompeta. Medra
nos meses de outono en zonas húmidas (preferentemente baixo as faias). A pesar
do seu aspecto ten un cheiro agradable e un bo sabor.
LINGUA
DE GATO. Ten un tacto aveludado. É mellor comer os
exemplares máis novos, xa que os adultos soen amargar. Recibe este nome, polo seu sombreiro que é moi semellante ás linguas de gato (galletas). Cheira moi ben
e medra no outono.
BOLA DE NEVE.
É de cor branco cando é novo, despois pasa ao rosa e ao madurar colle unha cor
marrón chocolate. De novo, ten forma de bola ou globo e, cando medra vólvese
aplanado como un prato. Ten cheiro semellante ao anís e, medra dende primavera
ata o outono.
PERROCHICO.
Ten cheiro a fariña recen moída. Medra en primavera nos prados e, atopámola
moitas veces formando círculos.
FALSA COLMEILLA.
O seu sombreiro engurrado, semella un cerebro. O seu nome é debido, a que pode
confundirse coa colmeilla comestible. Medra en lugares montañosos, debaixo de
piñeiros, e sae a finais da primavera.
FUNGO
DA MORTE. É un dos cogomelos máis perigosos.
Atopámolo no outono preto dos piñeiros, abetos, castiñeiros, aciñeiras e
bidueiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario