viernes, 18 de diciembre de 2015

BO NADAL!

Dende a aula de natureza do C:R:A de Ribadumia, queremos desexar a toda as familias que forman parte da nosa comunidade educativa…

 BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!


miércoles, 16 de diciembre de 2015

ENCARGADOS DOS CARACOIS DURANTE O NADAL

Como durante as festas do Nadal non imos estar nas escolas, fixemos o sorteo de “encargados dos terrarios de caracois” para que un neno/a de cada aula os leve para a súa casa, durante estas vacacións, e os coide.
Aquí tedes os que resultaron elixidos…






Estamos seguros de que serán uns estupendos encargados…

martes, 15 de diciembre de 2015

SORTEO DAS VERDURAS DO INVERNADOIRO

Como as leitugas e acelgas do noso invernadoiro xa medraron moito, estamos facendo o seu sorteo entre os nenos das diferentes aulas.
Para ver a quen lle tocan, temos escritos en papeliños os nomes dos alumnos e, por aulas, imos collendo e mirando os afortunados en levarse estas deliciosas hortalizas.

















lunes, 7 de diciembre de 2015

DELICIOSAS ESPINACAS!

Os alumnos de Sisán, estiveron plantando no xardín riquísimas espinacas.


Máis fotos AQUÍ.

Para evitar que as plantas comestibles que plantamos no xardín morran polo frío e as xeadas, puxemos por enriba delas unha manta térmica.  


jueves, 3 de diciembre de 2015

O NOSO XARDÍN XA ESTÁ FERMOSO

Con todas as plantas que levamos plantado, o noso xardín xa comeza a estar moi bonito e cheo de cores.




PLANTAMOS CEBOLAS NO XARDÍN

Os nenos da aula de Ribadumia A, estiveron plantando cebolas no xardín e quitando malas herbas.






Podedes ver máis fotos neste ENLACE.

PLANTAMOS ESCAROLAS NO INVERNADOIRO

Os nenos da aula de Lois estiveron plantando escarolas no invernadoiro…


 Máis fotos AQUÍ.


As acelgas e leitugas que plantaron os alumnos de Sisán e Ribadumia A, xa medraron moito e en pouco tempo faremos o seu sorteo.