viernes, 31 de octubre de 2014

COMEZAMOS A PLANTAR NO INVERNADOIRO

Aproveitando que na aula de natureza iniciamos un proxecto sobre as hortalizas, comezamos a plantar no invernadoiro leitugas.
Esta actividade foi realizada polos nenos das aulas de Ribadumia B e Lois.

RIBADUMIA B









 LOIS











 Podedes ver máis fotos neste ENLACE.


Despois de plantar, traballamos na aula o nome desta hortaliza e o lugar onde a plantamos.



lunes, 27 de octubre de 2014

ERICAS, AZALEAS E UÑAS DE GATO

Os alumnos de Leiro estiveron plantando no xardín…

                                                                            ERICAS










                                  AZALEAS









                    E UÑAS DE GATO












                        Máis fotos AQUÍ.

jueves, 16 de octubre de 2014

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, mércores 16 de outubro, é o Día Mundial da Alimentación.

Este ano, baixo o lema “ Agricultura familiar: Alimentar ao mundo, coidar o planeta “, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) pretende facer fincapé na necesidade de valorar o importante papel da agricultura familiar, e os pequenos agricultores,  na erradicación da fame e a pobreza no mundo.


Nós, na aula de natureza, estivemos falando sobre cal é a finalidade da celebración deste día:
-       -Que consumamos alimentos sans (froitas, verduras, peixe, cereais…)
-       -Recordarnos que hai persoas, en moitos países, que morren de fame por non ter  alimentos suficientes ou necesarios para sobrevivir.  

Tamén, aproveitando este acontecemento, iniciamos un proxecto sobre as hortalizas a través do que imos traballar: os seus nomes, a súa clasificación atendendo a parte da planta que comemos, os seus cores, inimigos…
A nosa primeira actividade foi elaborar a portada…


domingo, 5 de octubre de 2014

VERBENAS

Os alumnos de Sisán, estiveron plantando verbenas no xardín…
Primeiro, como os nenos das outras aulas, estiveron poñendo as luvas…





Despois, na aula de natureza, estiveron escribindo o nome da planta.


Podedes ver máis fotos AQUÍ.

jueves, 2 de octubre de 2014

CICLAMEN

Seguimos enchendo de flores o noso xardín… esta vez foron os nenos de Ribadumia A os encargados de plantar ciclamen.

Antes, para protexer as mans, puxeron as luvas.












Despois, na aula de natureza, estiveron escribindo o nome da planta.


Se queredes ver máis fotos pinchade neste ENLACE.

miércoles, 1 de octubre de 2014

TAXETES

Os alumnos da aula de Lois estiveron plantando taxetes no xardín.
Como no viveiro non había suficientes para todos, a Martina tocoulle plantar unha verbena.
Antes de facelo, tiveron como primeiro traballo poñer as luvas…











Despois, na aula de natureza, estiveron escribindo o seu nome.




O taxete e unha planta da que é moi doado recoller as súas sementes. Cando murchan e secan as súas flores, dentro delas podemos atopar moitas. Cando chegue ese momento, recollerémolas e os nenos poderán levalas ás casas para poder sementalas.   




Máis fotos AQUÍ.