martes, 30 de septiembre de 2014

PLANTAMOS VIOLAS NO NOSO XARDÍN

Os nenos e nenas da aula de Ribadumia B foron os primeiros en estrear o xardín, este curso 2014-15.  As plantas elixidas foron as violas.
Antes de iniciar esta tarefa, tiveron que poñer as luvas. Algúns despois de moito “pelexar” necesitaron axuda, pero todos intentaron facelo soiños…





Despois, na aula de natureza, estiveron escribindo o seu nome.


Se queredes ver máis fotos, pinchade neste ENLACE.

lunes, 29 de septiembre de 2014

PLANTAMOS LANDRAS…

Tomando como o exemplo o que nos conta Anxo Moure no seu libro “O carballo con botas”No CRA de Ribadumia estivemos plantando landras en zapatos vellos para que cando chegue a primavera medren carballos e, deste xeito, poidamos transmitir a mensaxe de que dentro do vello tamén pode xurdir vida.


Primeiramente, antes de plantar, estivemos poñendo as luvas para non manchar as mans de terra.



Despois saímos ao xardín a coller algunhas das landras que caeran dun dos carballos que temos.



Para finalizar, cada neno sementou landras dentro dun zapato vello.





Este foi o resultado da tarefa que estivemos realizando na aula de natureza.


Despois, na aula de natureza, estivemos escribindo o nome da semente e onde foi plantada. 


Se queredes ver máis fotos dos nenos plantando, pinchade AQUÍ.

domingo, 28 de septiembre de 2014

AS NOSAS MASCOTAS E FERRAMENTAS DO XARDÍN E INVERNADOIRO

Esta semana na aula de natureza…
- Estivemos traballando o nome das mascotas que nos van a axudar a que coidemos o medio ambiente. Ademais das creadas polos nosos alumnos, tamén coñeceron a Terri que é a de “Voz Natura” (programa medioambiental que subvenciona as actividades que realizamos en torno a recuperación e defensa da natureza).
Estás son as mascotas:
Verdiño: Que axuda a que respectemos e coidemos as plantas do noso xardín e invernadoiro.
Roquiña: Que quere que protexamos o Planeta, a través de acción como: reciclar, aforrar auga e luz, non contaminar, usar abonos naturais…
Terri: Que quere que colaboremos na conservación, recuperación e defensa da natureza.



- Observamos e traballamos os nomes das ferramentas que imos utilizar para plantar e acondicionar o noso xardín e invernadoiro e, as súas normas de utilización.





- Viron onde gardamos e como son, as sementes que imos recollendo no noso xardín e invernadoiro (forma, tamaño, cor…). 


martes, 16 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA…

O CRA de Ribadumia volve a formar parte, un curso máis,  da gran familia de VOZ NATURA…
O proxecto que presentamos, e que foi aprobado por este programa de educación medioambiental, leva por título: “Hai que cultivar con medios naturais para que os nosos produtos sexan máis saudables”
O que pretendemos é que, a través do noso xardín e invernadoiro, os nosos alumnos poidan:
- Coñecer e experimentar de onde veñen parte dos alimentos que consumimos.
- Tomar conciencia de que hai que alimentarse de xeito adecuado xa que os alimentos son esenciais para a vida.
- Habituarse a unha vida saudable ao aire libre.
- Aprender de forma divertida.
- Valorar a importancia de coidar as plantas, xa que así tamén nos coidamos a nós mesmos.

Na súa XVIII edición, Voz Natura, pretende dar facer fincapé nas actividades relacionadas coa creación e mantemento dos hortos ecolóxicos coa intención de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables.