martes, 16 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA…

O CRA de Ribadumia volve a formar parte, un curso máis,  da gran familia de VOZ NATURA…
O proxecto que presentamos, e que foi aprobado por este programa de educación medioambiental, leva por título: “Hai que cultivar con medios naturais para que os nosos produtos sexan máis saudables”
O que pretendemos é que, a través do noso xardín e invernadoiro, os nosos alumnos poidan:
- Coñecer e experimentar de onde veñen parte dos alimentos que consumimos.
- Tomar conciencia de que hai que alimentarse de xeito adecuado xa que os alimentos son esenciais para a vida.
- Habituarse a unha vida saudable ao aire libre.
- Aprender de forma divertida.
- Valorar a importancia de coidar as plantas, xa que así tamén nos coidamos a nós mesmos.

Na súa XVIII edición, Voz Natura, pretende dar facer fincapé nas actividades relacionadas coa creación e mantemento dos hortos ecolóxicos coa intención de fomentar o coidado e a conservación do medio natural, mellorar a nosa calidade de vida e promover hábitos saudables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario