viernes, 19 de junio de 2020

BO VERÁN



Remata un curso no que dende mediados do mes de marzo tivemos que confinarnos nas casas debido ao COVI-19, e as propostas de actividade pasaron a ser a través dos blogs.
Estou segura de que esta adversidade tamén axudou a crear, cos vosos fillos, vínculos afectivos e emocionais máis fortes. E sobre todo trouxo moitas leccións de vida, unha delas a empatía xa que puidemos desdramatizar o feito de ter que quedarnos nas casas vendo a situación das persoas e familiares dos que  padeceron o virus.
Teño que dar as GRAZAS a todas as familias non só por participar nos traballos que se propoñían, senón tamén por facernos chegar fotos doutras tarefas que realizaban nas casas cos nenos.
Agora toca pasar tempo cos avós, tíos, primos…, e recuperar todo este tempo sen estar con eles. Tamén dar moitos paseos ao aire libre, xa que foi moito o tempo sen facelo.
Aos nenos que van volver o vindeiro curso, desexarlles un feliz verán e dicirlles que en nada estamos todos xuntos outra vez.
E en especial, quero mandarlles moitos bicos e unha forte aperta a Marcos, Breogán, Laura, Roi, Víctor, Rosana, Daniela, Lía Iglesias, Yasmina, Noa, Gael, Paula, Joel, Dana, Leo, Lía Martínez, Karla, Pedro, Daniel, Mila, Yago Riveiro, Vera, Mario, Iago e Ana. Pasamos xuntos tres anos e, agora que xa sodes uns chicos grandes, ides comezar unha nova etapa na Educación Primaria. Estou segura de que pasarédelo moi ben e faredes moitos amigos no voso novo colexio. Imos botarvos moito de menos!


jueves, 18 de junio de 2020

XERMINANDO LENTELLAS

Mario segue co experimento de poñer legumes entre algodón mollado para que xerminen.
Primeiramente realizouno cos garavanzos e agora coas lentellas, que xa as ten listas para plantar.


XENIAL MARIO!

jueves, 11 de junio de 2020

A COLLEITA DE LÍA

Lembrádesvos da horta ecolóxica de Lía?.
Acelgas, espinacas, amorodos, pementos, tomates cherry, leitugas…, xa medraron moitas destas verduras e froitas e están apañando a colleita.


CANTOS ALIMENTOS ECOLÓXICOS!
ESTA SI QUE É UNHA ALIMENTACIÓN SA!
BRAVO POR LÍA E A SÚA MAMÁ TANÍA!

martes, 9 de junio de 2020

HERBAS DE SAN XOÁN

Hai unha tradición en Galicia, que é a de recoller na tarde e na noite de San Xoán (do 23 ao 24 de xuño) diferentes herbas e flores, despois botalas en auga e deixalas aí ao sereno para que collan o orballo desa noite. Pola mañá hai que lavarse a cara con esa auga, xa que se considera que ten propiedades menciñeiras, máxicas e cosméticas, para purificar a pel.
Estas 7 herbas son: fiúncho, fento macho, herba Luisa, malva, codeso, herba de San Xoán e romeu. Pero tamén hai outras, dependendo da zona de Galicia,  como o sabugueiro, estraloque, tomiño, ourego… 
Aquí tedes algunhas delas.


Dende o blog de natureza queremos propoñervos recuperar esta tradición, e como hai que recoller plantas tamén podemos aproveitar para facer un herbario. Isto vai permitir coñecer mellor todas estas plantas que temos no noso entorno, e tamén familiarizarnos coas diferentes formas, cores, texturas e olores que teñen.
Esta tarefa implica a súa busca, recolección, prensado, secado e montaxe. Primeiramente sairemos a recollelas e despois temos que identificalas. Aquí tede algunhas guías:


Para secalas e prensalas cada unha colocarémola entre follas de xornal e, seria interesante poñer xunto a ela un papeliño co seu nome para non esquecernos.

Apiñaremos unhas sobre outras e colocaremos enriba algo pesado, como varios libros, que farán a función de prensado. Deixarémolas así como unha semana aproximadamente.
Despois colocaremos cada unha nunha folla ou cartolina, fixarémola con cinta adhesiva e enriba ou debaixo escribiremos o seu nome.
Para montar o herbario, propóñovos dúas opcións:
  • Meter cada unha nunha funda plástica e todas xuntas nun arquivador.
  • Facer unha portada con cartolina na que poñeremos a palabra herbario e de contraportada outra cartolina. Despois cunha perforadora faremos dous buracos a cada folla e uniremos todas con la de cores para rematar o noso libriño de herbas.
Outra cousa que podedes realizar e recoller ditos populares galegos sobre as plantas. Para facer esta actividade podemos recorrer aos nosos avós, que estou segura que saben moitos. 

lunes, 8 de junio de 2020

DÍA DOS OCÉANOS

Hoxe, 8 de xuño, é o día dos Océanos.


Este ano 2020 o tema é “Innovación para un océano sostible”. Trátase de acadar novos métodos, ideas ou produtos que teñan como finalidade novos camiños para a saúde dos nosos océanos e o noso Planeta.
Todos temos que ter presente que son moi importantes xa que, bombean auga a todos os recantos da superficie terrestre, conectan ás persoas de todo mundo sen importar onde vivan, regulan o clima, producen osixeno, axudan a alimentarnos, e o fogar dunha gran variedade de animais e plantas e un tesouro de importantes menciñas. Por todo isto debemos responsabilizarnos de coidalos, xa que a saúde de todos depende dun océano limpo e produtivo.
Marcos de Leiro, recortou e pegou nunha folla (poñendo o mar de fondo) algúns animais que podemos atopar nos océanos.


Despois coloreou un debuxo, no que unha familia que se vai da praia deixa lixo tirado pola area. Nesta imaxe puxo “ti decides como queres o teu mar”, para indicar que esta non é a acción correcta que hai que realizar para coidar os noso océanos, xa que cando suba a marea toda esa basura vai parar ao mar.


E noutra folla pintou diversos animais mariños nadando, e puxo un lema para animarnos a coidar os nosos océanos: “se queres o teu mar recicla”.


Marta de Ribadumia B debuxou algúns animais, que podemos atopar nos nosos mares, que resultas afectados pola basura que tiramos ao mar ao confundila con alimento ou enredarse nela.




XENIAL MARCOS E MARTA!
MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!

viernes, 5 de junio de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.


Este ano, o tema é “a Biodiversidade”, xa que a súa perdida é un gran motivo de preocupación mundial.
A biodiversidade é a gran variedade de seres vivos que hai no Planeta e, é a base de toda a vida na Terra e da nosa saúde.
As actividades humanas levan moitos anos alterando o noso medio ambiente: o xeo glaciar derretese, hai poucos arrecifes de coral e perdéronse grandes extensións de bosque. Non podemos seguir por este camiño, xa que tería graves consecuencias para a humanidade.
Por isto, con esta celebración quérese que as persoas pensemos na forma na que consumimos, que as empresas desenvolvan modelos máis ecolóxicos, os agricultores e fabricantes produzan de forma máis sostible, os gobernos salvagarden os espazos silvestres, os profesores invitemos ao noso alumnado a vivir en harmonía coa Terra e os nosos fillos alcen a súa voz e convértanse en verdadeiros gardiáns do noso Planeta.
Estas son as actividades que realizaron algúns dos nosos alumnos para conmemorar esta data:
Marta realizou un debuxo no que nunha parte puxo un paisaxe contaminado onde hai moitas accións incorrectas que deberiamos de evitar, e na outra un entorno coidado tal como debería ser.


Marcos recortou e pegou nunha folla animais, persoas pescando e nadando e basura tirada. Tamén escribiu a palabra MAL, para indicarnos que o lixo non debería estar aí senón no seu contedor correspondente ou reciclado.


MOITAS GRAZAS FAMILIAS!