miércoles, 15 de abril de 2026

OUTRA ENSALADA DE LEITUGA E TOMATE!!

Aquí tedes a Lucía de cociñeira, preparando unha ensalada coa a leituga que levou da escola. 

QUE RICA!!

LIMPANDO O XARDÍN E COLLLENDO LIMÓNS

Estes días o tempo está permitíndonos plantar, pero hai sitios nos que aínda temos que quitar malas herbas para poder facelo.

Por iso, hoxe tocoulle aos/as alumn@s de Lois realizar esta tarefa. 




Tamén estiveron collendo os limóns do noso limoeiro, que xa estaban listos para a colleita.


Podedes facer un batido con eles, engadindo como ingredientes iogur e un pouco de leite condensada.

Esta receita tamén a fixemos na escola, e podedes vela pinchando AQUÍ.

viernes, 10 de abril de 2026

PETUNIAS E CALIBRACHOAS

Hoxe, @s alumn@s de Leiro e Sisán, estiveron plantando no xardín.

LEIRO – PETUNIAS

SISÁN – CALIBRACHOAS

A calibrachoa, é unha planta coñecida popularmente como Million Bells (millóns de campás) debido a súa abundante floración. Outro dos nomes e petunia mini, xa que as súas flores son similares ás de elas pero que máis pequenas. 

jueves, 9 de abril de 2026

SAUDABLE ENSALADA

A mamá de Rodrigo de Ribadumia B, mandounos unhas fotos do seu fillo comendo a leituga que lle tocou nunha ensalada á que tamén lle botaron aguacate da avoa, espárragos e atún.

QUE BEN QUE @S NOS@S ALUMN@S

COMAN TAN SAUDABLE!!

martes, 7 de abril de 2026

SEMENTE DE XIRASOL

Hoxe Eric trouxo á aula de natureza unha semente de pipa que puxo en algodón e xa brotou.

O que fixemos foi transplantala a unha maceta con terra para que siga medrando e poidamos ver como saen os xirasols. 



SORTEAMOS MÁIS LEITUGAS, PORROS E REPOLOS

Xa temos máis leitugas e tamén porros e repolos listos para a súa colleita, por iso estamos facendo o seu sorteo entre o noso alumnado.

ESTAMOS DESEXANDO VER QUE RECEITAS

PREPARAN CON ELAS!!

jueves, 26 de marzo de 2026

CANTAS PLANTAS PARA O XARDÍN!!

 Esta semana, por fin puidemos volver a plantar no xardín.

Mirade todo o que puxemos!!

RIBADUMIA B – TAXETES


A avoa Nieves de Rodrigo, da aula de Ribadumia B, trouxonos á escola unhas pequenas plantas para sementar no xardín chamados chayotes ou patacas do aire.

Como son rubideiras,  tivemos que poñelas preto dunha árbore.

Teñen forma de pera, coa cor entre verde e amarelo, e son moi nutritivos e ricos en fibra e vitamina C. 

O  seu sabor as veces é comparado como unha mestura de pera e cabaciña.

Pódese comer cru, cocido, ao vapor, en caldos ou ao forno.

E hai que plantalos na primavera e realizar a colleta dos froitos no outono.

MOITAS GRAZAS AVOA NIEVES!!

LOIS – SALVIA VERMELLA


RIBADUMIA A– BEGONIAS

    

ESTAMOS DESEXANDO ENCHER O NOSO XARDÍN DE CORES!!

domingo, 22 de marzo de 2026

DÍA DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo, día da auga.

O que pretendemos con esta celebración é que o noso alumnado comprenda que teñen que ser responsables e facer un bo uso dela e non desperdiciala, xa que é moi importante par a vida das persoas, animais e plantas.

Depois de enumerar algunhas das cousas que podemos realizar para non malgastala, lemos dous contos:

-"Alana la bailarina del agua", que é a historia dunha ninfa que nos transporta a un máxico bosque habitado por criaturas amables que teñen que facer fronte á ameaza da contaminación.

-"Lila y el secreto de la lluvia", que lévanos a outra cultura e ensínanos o importante que é a auga en moitos pobos onde este ben escasea.

Para rematar, utilizando carteis onde aparecen persoas facendo distintos usos da auga, clasificámolos segundo estas accións supoñen un aforro ou desperdicio da mesma.


sábado, 21 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES

Hoxe, 21 de marzo, é o Día Internacional dos Bosques.

As árbores son esenciais para manter a vida na Terra e desempeñan un papel moi importante na loita contra o cambio climático.

Na aula de natureza estivemos falando do valiosas que son xa que axudan a limpar o aire, son refuxio para moitos animais, dan froitas e sombra…

Despois estivemos lendo dous contos:

-"La pequeña bellota", que narra o ciclo de vida do carballo.

-"Árbores no camiño", onde un neno chamado Karim pérdese ao separarse da súa mamá e, rodeado de árbores e animais o seu medo inicial da paso á protección que lle ofrece a nai natureza como un máis dos seus fillos. 

Este amparo ten que ser recíproco, e nós tamén debemos respectalos e preservalos para garantir a súa rexeneración e función ecolóxica a longo prazo.

Despois, para lembrar esta data e a súa importancia, fixemos unha actividade que consistía en que cada nen@ tiña que debuxar unha árbore, plasmando a súa propia percepción da mesma. 

Despois eliximos tres delas, e elaboramos unha chapa para que cada alumn@ puidera levala a casa para lembrar esta conmemoración.