Hoxe,
luns 3 de febreiro, @s nen@s de Leiro estiveron plantando porros no
invernadoiro. Como xa están levando verduras para comer nas casas, comezamos a
ter espazo para poñer outras.
Despois
colleron os limóns, que xa estaban listos para a colleita. Unha receita que
podedes facer con eles, que vai ter un sabor máis doce é un batido. Podedes ver
como se fai pinchando AQUÍ.
Para rematar estiveron degustando algúns guayabo-fresa, que xa estaban listos para comer, da árbore que temos no noso xardín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario