jueves, 29 de noviembre de 2018

ÁRBORES DOS NOSOS MONTES

Na aula de natureza do C.R.A de Ribadumia queremos que a xente respecte e coide
 as árbores, polo que seguimos traballando entorno a elas.
Agora comezamos un pequeno proxecto a través do que estamos coñecer algunhas das que podemos atopar nos nosos bosques e montes. Ademais de aprender os seus nomes tamén estamos descubrindo se son de folla caduca ou perenne, como é a súa folla, o seu froito…









Como estábamos traballando a sobreira, saímos ao xardín para ver a que temos e coller as súas landras para plantar en macetas. 
Tamén estivemos tocando a súa cortiza, que é a casca que recubre o tronco desta árbore ecoa que se fan tapóns para botellas de viño, boias, paneis para paredes ou para tablóns para fixar notas...



lunes, 26 de noviembre de 2018

BENEFICIOS DAS ÁRBORES

Na aula de natureza, estivemos falando de todas as cousas boas que proporcionan 
as árbores. Despois fixemos un mural onde recoller algunhas delas.
Os nenos de todas as aulas participaron na confección do mural: pintando as follas e as mazás, collendo follas secas e cortándoas para pegalas no tronco, debuxando nenos e nenas, coloreando o niño e o esquío, escribindo os beneficios que nos dan as árbores…






viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA NO VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende o C.R.A de Ribadumia, queremos sumarnos á conmemoración do Día Internacional da No Violencia contra a muller que se celebra o 25 de novembro.



Mestres e nenos, queremos un mundo no que as mulleres e homes poidamos elixir libremente e teñamos as mesmas posibilidades de conseguir os nosos soños e anhelos.
Dende a escola, seguiremos traballando para previr e combater a violencia contra as nenas e mulleres en todas as súas manifestacións.
Na aula, para celebrar este día, estivemos falando do importantes que e ser tolerante, solidario e respectuoso cos demáis. 


Despois contamos o conto "Arturo e Clementina", unha historioa que reivindica o rol feminino na sociedade e denuncia a discriminación. Se pinchades na portada do conto, podedes velo.




lunes, 19 de noviembre de 2018

jueves, 15 de noviembre de 2018

MARGARIDA DOS PRADOS OU ANANA

Hoxe, 15 de novembro, os nenos da aula de Ribadumia B plantaron margaridas ananas no xardín. 


Tedes máis fotos dos nenos neste ENLACE.

Esta alegre planta de outono, é moi coñecida pola súa forma redondeada e os seus pétalos finos e alargados. Ademais ten moitos nomes: bellis, margarida dos prados, margarida anana, dormilona…

miércoles, 14 de noviembre de 2018

martes, 13 de noviembre de 2018

COMEZAMOS A PLANTAR NO XARDÍN

Os nenos da aula de Ribadumia B, foron os primeiros en empezar a plantar 
no invernadoiro. A planta escollida foi o ciclamen.


Máis fotos dos alumnos neste ENLACE.

martes, 6 de noviembre de 2018

O CARBALLO CON BOTAS

Esta semana estamos lendo o conto de Anxo Moure “O carballo con botas”.


Nós, como neste libro, imos coller landras e plantalas en botas vellas para empregalas como viveiros forestais. Así, poderemos comprobar como dentro de algo vello pode xurdir a vida.

jueves, 1 de noviembre de 2018

INVERNADOIRO CHEO DE VERDURAS

Xa temos o invernadoiro cheo de verduras e hortalizas, agora temos que coidalas para que medren e podamos facer o seu sorteo entre os alumnos do C.R.A.





MAGOSTO-SAMAÍN

Onte, venres 31 de outubro, tivemos a nosa festa do Magosto-Samaín.


Nenos e mestres disfrazámonos de zombis.



Durante a mañá realizamos as seguintes actividades:
As familias trouxeron cabazas decoradas nas casas e fixemos unha exposición con todas elas.




Grazas ao Programa Medioambiental de Voz Natura, do que somos un dos colexios participantes, recibimos no noso centro a dous Gardas Civís que viñeron para impartir unha charla aos nosos alumnos sobre o labor que levan a cabo dende o Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
Explicáronnos que a súa misión é a de concienciar a todos que hai que coidar o medio ambiente e que, algunhas das cousas que tratan de evitar e erradicar son: vertidos contaminantes, comercio ilegal de especies de flora e fauna, incendios forestais, pesca ilegal, caza furtiva, maltrato animal.
Despois proxectaron unha pequena historia sobre a ecopatrulla, que son tres cativos que percorren varios puntos de Galicia guiados por axentes forestais da Xunta e efectivos de Seprona aprendendo a coidar o medio ambiente e previr lumes.


Tamén ensináronnos fotos dos animais que rescatan e axudan, utensilios que utilizan para coller serpes, cans agresivos etc… E para finalizar, os nenos puideron ver e tocar a súa cadeliña Lea.



Tamén tivemos a visita da agrupación músico-cultural de Ribadumia, que viñeron para tocar e cantar connosco cancións que xa coñeciamos. Os nenos aprenderon os nomes dos seus instrumentos e puideron probar como soaban.



Merendamos riquísimos doces terroríficos.


Contamos contos de medo e algunhas mestras fixeron a representación do conto “fruta para la bruja”.





Bailamos o Thriller de Michael Jackson que os alumnos ensaiaron coa mestra Olalla de música




 E a bruxa preparou a súa apócema máxica que inventou para convertir a xente en xombis.



E para rematar, os nenos levaron nun brick de leite reciclado e decorado castañas que trouxeron as familias.
Temos que dar as grazas as familias pola súa colaboración traendo as cabazas decoradas, castañas, carozos para asalas, doces…
E sobre todo, aos pais/nais que estiveron asando as castañas e axudando en moitos momentos da festa. 


Na foto non aparecen todos, pero queremos que saiban que estamos moi agradecidas pola súa colaboración.