Dende a aula de Natureza do CRA de Ribadumia, queremos desexarvos a todos unhas Felices Festas de Nadal e un Próspero Aninovo 2023.
viernes, 23 de diciembre de 2022
viernes, 9 de diciembre de 2022
PLANTAMOS MÁIS VIOLAS
Os nenos de Sisán plantaron violas no noso xardín.
Non hai moita variedade de plantas con flor de outono, por iso repetimos algunhas.
Podedes ver máis fotos
AQUÍ.
miércoles, 7 de diciembre de 2022
sábado, 3 de diciembre de 2022
viernes, 25 de noviembre de 2022
EXCURSIÓN A PORTONOVO
O
mércores 23 de novembro realizamos unha saída a Portonovo para visitar a lonxa,
o mercado e o porto. Recibimos esta invitación por ser un dos colexios
participantes no Plan Proxecta Aliméntate Ben.
O obxectivo desta excursión era que os nenos coñeceran o mundo do mar: con que se pesca, como son os peixes e mariscos, que barcos e aparellos se utilizan para pescar, que oficios hai relacionados co mar…
Os monitores Ana e Aritz ensináronnos moitas cousas!
Os
nosos alumnos puideron sentarse onde se fan as poxas de marisco e pescado, e con
uns mandos xogaron a mercalo.
Estivemos con dúas redeiras, encargadas de arranxar as redes.
Miramos barcos de pesca e aprendemos a que parte deles se lle chama proa e a cal popa, e observamos
as nasas (que utilizan para pescar os polbos, as nécoras, os camaróns…) e tamén
as redes.
Un pescador tamén ensinounos un polbo que pescou.
No mercado puidemos ver centolas, berberechos, ameixas, bois, mexillóns, peixes sapo, luras, raias, xardas, rapantes…
Aquí tamén agasalláronnos cunhas preciosas bolsiñas!
Para rematar déronlle unhas bolsiñas onde tiñamos para merendar croquetas, un anaco de pizza, un iogur e unha botella de auga.
viernes, 18 de noviembre de 2022
lunes, 14 de noviembre de 2022
viernes, 11 de noviembre de 2022
MÁIS VERDURAS PARA O NOSO INVERNADOIRO
Como
xa botamos compost no invernadoiro, seguimos plantando para enchelo de
verduras.
As
elixidas foron repolos corazón, porros e asa de cántaro, e os encargados de
facelo os nenos das aulas de Leiro, Ribadumia B e Ribadumia A respectivamente.
LEIRO (repolos corazón)
Neste
ENLACE tedes máis fotos.
RIBADUMIA B (porros)
Pinchando
AQUÍ podedes ver máis fotos.
RIBADUMIA A (asa de cántaro)
Máis fotos neste ENLACE.