Mostrando entradas con la etiqueta SEMENTES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SEMENTES. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de abril de 2024

PLANTANDO SEMENTES

Na aula de natureza estamos plantando sementes de plantas con flor, utilizando como macetas vasos de plástico e cartón reciclados.

Os nosos alumnos están observando que non todas as sementes son iguais, xa que hainas redondas, alargadas, pequenas, grandes…, e tamén con distintas tonalidades.

RIBADUMIA B -  BEGONIAS E SEMPREVIVA


LOIS - CAPUCHINAS

                                         
                                        SISÁN - XABOEIRAS DA MANCHA

LEIRO - PETUNIAS

RIBADUMIA A - MARGARIDAS

ESTAMOS DESEXANDO VER COMO NACEN E MEDRAN AS PLANTAS!!

lunes, 19 de junio de 2023

LAPIS CON SEMENTES

Xana, a mamá de Noel, trouxo un lapis para cada neno da aula de Leiro (onde está o seu neno) feito con papel reciclado e que teñen unha cápsula verde con sementes de alfábega (albahaca).

Como tiñamos na escola vasos que gardamos das festas, cada neno escribiu o nome desta planta aromática, despois pegámolo. Así poderán sementalas nel nas casa. 



MOITAS GRAZAS XANA!!

viernes, 16 de junio de 2023

PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE

O 13 de xuño realizamos unha saída ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Como este curso realizouse un proxecto anual sobre a Prehistoria, esta foi a excursión que fixemos de fin de curso.

Alí, coa nosa monitora Carla, comezamos o noso percorrido onde…

Vimos as árbores do Parque e, entre elas puidemos observar que non había eucaliptos xa que consumen moita auga e deixan sen ela a outras especies.


Tamén nunha delas puidemos observar que había niños de morcegos.

Ensináronnos un labirinto prehistórico ao que non puidemos entrar xa que tiña pozas de auga da choiva que caeu pola noite.

Observamos con son os petróglifos feitos de granito e onde debuxaban rascando cunha pedra. Hai un que non tocamos, xa que tiña máis de 4000 anos e podía deteriorarse.



Despois fomos a un poboado da idade de bronce e Carla contounos moitas cousas sobre el… que sempre construían un cercado ao redor, que ás casas chamábanlle cabazos  e estaban feitas de pallabarro e que nelas vivían dous anos e despois marchaban a outro lugar para facer outras.




A continuación entramos no museo onde a nosa monitora contounos a historia de Landra, unha nena á que lle encantaba pintar e que vivía nunha casa de pallabarro cos seus pais, irmá e un can chamado Xesta. Para debuxar o que utilizaba era polvo de carbón.  


Despois desta lectura merendamos…

Para rematar a mañá, tivemos un obradoiro de sementes onde:

Plantamos unha faba nun vasiño de cartón. Primeiramente os nenos envolvérona en barro para que non a coman os paxaros.

Moeron millo miúdo nunha roca e desfacéndoo cunha pedra como se facía antes. Unha vez que acabaron, Carla peneirouno para que só quedara a fariña.


QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!!

sábado, 14 de enero de 2023

SEMENTES DE LEITUGA

Os alumnos de Sisán, estiveron plantando sementes de leituga en pebideiros. Despois levámolos para o invernadoiro.

ESTAMOS DESEXANDO VER COMO MEDRAN!!

A continuación, nun sobre escribimos “sementes de leituga” e cada neno meteu no seu algunhas para plantar nas casas.

martes, 5 de abril de 2022

ALEGRÍAS E SEMENTES DE NÉSPERAS

Os nenos de Ribadumia B plantaron alegrías nunha das rodas recicladas que temos no noso xardín.


Máis fotos AQUÍ.

Martín, un dos alumnos desta clase, tróuxonos os ósos (sementes) de nésperas para plantar.

Como queremos ver primeiro como xerminan, puxémolas entre papeis de cociña mollados nunha peixeira de plástico que temos no colexio.

Despois metémola no invernadoiro para que lle de o calorciño.

domingo, 14 de noviembre de 2021

PLANTANDO SEMENTES DE LEITUGA E CENORIA

Na aula de estivemos lendo “Todo empieza con una semilla” de Laura Knowles (editorial Bruño).

A través deste conto, imos viaxando polas estacións e os anos para ver como unha soa semente transfórmase nunha árbore que serve de refuxio a moitos animais.

Esta lectura serviunos para iniciar unha nova actividade: 

"Plantar sementes de leituga e cenoria en pebideiros"

Primeiramente, antes de iniciala, estivemos vendo o seu tamaño… 

Os nenos estaban asombrados e pensaban que era maxia que de algo tan pequeniño puideran saír verduras e hortalizas tan grandes.


Despois plantámolas en pebideiros con moito coidado, xa que son moi diminutas.

Despois botámoslle por enriba vermiculita que nos deixou Dina (a avoa de Lía unha ex alumna do noso colexio), cando veu ao noso colexio a ensinarnos a plantar sementes. 

Con este este substrato, o que acadaremos e lograr reter a humidade e os nutrintes da planta para que esta poida asimilalos.


Agora temos que esperar a que comecen a nacer as plantiñas de leituga e cenoria…

Despois xa iremos contándovos o que faremos con elas.

jueves, 18 de junio de 2020

XERMINANDO LENTELLAS

Mario segue co experimento de poñer legumes entre algodón mollado para que xerminen.
Primeiramente realizouno cos garavanzos e agora coas lentellas, que xa as ten listas para plantar.


XENIAL MARIO!