viernes, 21 de diciembre de 2018
BO NADAL!
Dende
a aula de natureza do C.R.A de Ribadumia, queremos desexarvos a todos un Bo Nadal e un Próspero Aninovo.
martes, 18 de diciembre de 2018
PLANTANDO AS LANDRAS DA SOBREIRA
Os alumnos de Ribadumia B colleron landras da sobreira
do noso xardín. Hoxe, estiveron plantándoas nas botas vellas que sobraron (algunhas
familias trouxeron máis de unha).
Cando
medren queremos que, as pequenas sobreiras, sexan utilizadas para replantar
algún bosque do Concello de Ribadumia.
lunes, 17 de diciembre de 2018
SORTEAMOS LEITUGAS
As leitugas que plantamos no invernadoiro xa medraron e, estamos realizando o seu
sorteo entre os alumnos do C.R.A.
Cada
tipo de verduras sorteámolo entre todos os nenos e non só entre os
que as plantaron.
A
nosa finalidade é que aprendan a plantalas e vexan como medran, que saiban o importante que é o seu
consumo para a nosa saúde e as leven as casas para preparar riquísimas receitas
con elas.
Para
o seu sorteo temos papeliños, por aula, cos nomes de todos os alumnos. Cando
están listas para a colleita, un neno de cada clase (ao azar) colle un para saber a quen lle
toca levala.
O
que queremos é que, ao final do curso, todos levaran polo menos unha.
domingo, 9 de diciembre de 2018
CREANDO OS NOSOS CARBALLOS CON BOTAS
para coller as landras que estaban polo chan debaixo dos nosos carballos.
A continuación pedimos as familias que trouxeran botas vellas, que tiveran nas
casas, para crear os nosos carballos con botas.
Cando medren, cada neno levara a seu para poder repoboar algún bosque ou monte
con esta especie autóctona ou
plantalos nos seus xardíns.
Etiquetas:
CARBALLO,
CARBALLO CON BOTAS,
COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE,
CURSO 2018-19,
LANDRAS,
LEIRO,
LOIS,
REUTILIZAR,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)