1º Descubrimos que en
Canarias cada illa ten unha especie representativa da flora e da fauna, polo
que quixemos saber cales eran as de Lanzarote. Así, soubemos que:
- O
seu animal é o cangrexo cego. Mide
sobre 1 cm, só podemos velo nos “Jameos del Agua”, a cor é branca e está en
perigo de extinción. Algunhas das cousas que afectan a súa saúde son os metais,
o ruído e a luz.
- A
súa planta é a Tabaiba doce. Trátase dun arbusto que perde as súas follas
durante a primavera e verán e no outono e inverno volven a saírlle enchéndose
de flores de cor amarelo. Desprende unha leite que axuda a curar as feridas e
fortalece os dentes (incluso hai unha goma de mascar de tabaiba).
2º Xoguete do vento con
material reciclado. Fixemos dúas fichas onde traballamos os materias necesarios
para facelo e os pasos a seguir para a súa elaboración.
ANIMÁDEVOS
A FACELO!