Dende a aula de natureza do CRA de
Ribadumia queremos desexarvos a todos, que teñades unhas Felices Festas de
Nadal e que os Reis Magos os traian moitos agasallos.
lunes, 23 de diciembre de 2013
miércoles, 18 de diciembre de 2013
ÁRBORES DE NADAL DECORADAS
Xa puxemos algunhas bolas que as familias decoraron nas casas utilizando diversos materiais... E así é como quedan as
nosas árbores de Nadal recicladas.
martes, 17 de diciembre de 2013
OS NOSOS XOGUETES DO VENTO
Xa
estamos poñendo tanza aos xoguetes do vento que fixemos cos separadores de
plástico das carpetas de aneis.
Mirade que bonitos quedan...
Á
volta das vacacións de Nadal colgarémolos polas árbores, do noso xardín dos
sentidos, para que o vento os poida bambear.
Tamén estamos reciclando os vasos dos iogures
das merendas para facer outro xoguete do vento con forma de flor…
Cando esten rematados poñeremos fotos no blog.
sábado, 14 de diciembre de 2013
XA ESTÁN LISTAS AS NOSAS ÁRBORES DE NADAL
Xa
rematamos as árbores que fixemos con tubos de papel hixiénico.
Agora
só falta adornalas coas bolas de Nadal que levaron os nosos alumnos para
decorar na casa utilizando diversos materiais (teas, legumes, cartolinas,
pastas, botóns, papeis de cores…).
miércoles, 11 de diciembre de 2013
CONTINUAMOS CO NOSO PROXECTO SOBRE CESAR MANRIQUE
Na aula de natureza continuamos aprendendo cousas sobre Cesar
Manrique…
Fixemos unha ficha onde puidemos observar algunhas das súas esculturas móbiles.
Fixemos unha ficha onde puidemos observar algunhas das súas esculturas móbiles.
Descubrimos que a súa casa, á que lle
puxo o nome de “Taro de Tahíche”, esta
feita aproveitando o espazo natural de 5 burbullas volcánicas.
domingo, 8 de diciembre de 2013
ÁRBORES DE NADAL CON MATERIAL RECICLADO
Os
nenos das aulas do CRA de Ribadumia trouxeron á aula de natureza tubos do papel
hixiénico para facer con eles dúas árbores de Nadal.
1. Pintar
unha folla de papel con cera de cor verde.
Tamén
pintamos con cera marrón para facer o tronco.
2. Botar
pegamento pola outra cara da folla.
3. Enrolar a folla no tubo de papel hixiénico.
4. Cortar
un pouco os extremos da folla.
5. Meter
as esquinas do papel dentro do tubo.
Os
pasos para facelas foron:
Mirade
como está quedando…
Cando
rematemos de facelas subiremos fotos ao blog.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)