lunes, 30 de enero de 2017

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

 Na aula de natureza, para celebrar o día da Paz, traballamos o conto "Wangari y los árboles de la Paz". Tamén estivemos falando sobre todas as cousas que fixo Wangari Muta Maathaie, a protagonista do libro, para coidar o medio ambiente. 


Aqui tedes, unha pequena mostra de como ven os/as nenos/as a Wangari.



Despois, para rendirlle unha pequena homenaxe e poñer en práctica as súas ensinanzas, cada aula plantou a súa árbore froiteira no noso xardín. Debido as condicións meteorolóxicas algunhas clases aínda non realizaron esta actividade, pero tamén o farán no momento en que o tempo nolo pemita.

 RIBADUMIA B PLANTANDO UN MARMELEIRO





LOIS PLANTANDO UN CAQUI






Consideramos que esta actividade é unha moi boa forma de facerlle chegar aos nosos alumnos unha mensaxe tan importante como é o coidado dos nosos bosques.

miércoles, 25 de enero de 2017

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ



Na aula de Natureza, para conmemorar o día da Paz, estamos traballando o conto "Wangari y los árboles de la Paz". Wangari Muta Maathaie, foi unha activista medioambiental coñecida como "a muller árbore". Recibiu o Premio Nobel da Paz de 2004, pola seu labor en defensa da natureza e a potenciación do traballo da muller. Grazas a ela, plantáronse máis de 40 millóns de árbores en Africa. 
Tamén imos plantar, no noso xardín, 5 árbores froiteras (unha por aula) para continuar coa súa misión de vestir a terra de verde.

sábado, 21 de enero de 2017

SEMENTES DE VIOLA

Os/as nenos/as de Sisán plantaron sementes de viola en macetas.



Máis fotos neste ENLACE.

Cando xerminen e saian as plantiñas, cada un/unha levara a súa para casa

jueves, 19 de enero de 2017

PLANTANDO SEMENTES DE TAXETE EN MACETAS

Os/as nenos/as das aulas de Lois e Ribadumia A estiveron plantando sementes de taxete en macetas.

LOIS


 Máis fotos AQUÍ.

RIBADUMIA A


Tedes máis fotos neste ENLACE.

Para que xerminen máis rápido puxémolas no invernadoiro (así están máis quentiñas). 



Cando medren, cada alumno/a levará a súa para adornar na casa.

martes, 17 de enero de 2017

BERZAS E REPOLOS FADO OU CORAZÓN BOI

Os/as alumnos/as de Ribadumia B, estiveron plantando no invernadoiro...


BERZAS



REPOLOS CORAZÓN FADO OU CORAZÓN BOI



 Podedes ver máis fotos AQUÍ.

PREPARANDO RODAS PARA PLANTAR NELAS

A mestra María, da aula de Ribadumia A, tróuxonos unhas rodas grandes e pequenas para poñer no noso xardín e plantar nelas. Puxemos na base follas secas e despois, coa axuda da mestra Angeles, os/as nenos/as das aulas de Leiro e Ribadumia B estiveron levando cubos de terra (que collemos na parte do xardín onde estaba antes a composteira)  para enchelas.