jueves, 28 de febrero de 2019

LIMPANDO O XARDÍN

Os alumnos de Ribadumia A, estiveron sacando as malas herbas do xardín. 
Isto facémolo periodicamente para mantelo bonito e non pasar máis traballo cando xa esta cheo delas.

martes, 26 de febrero de 2019

RECIBIMOS A VISITA DA SUPERAVOA DINA

Hoxe recibimos a visita de Dina, a avoa de Lía de Ribadumia B, que veu para 
ensinarnos como plantar sementes de verduras,hortalizas e froitas.
Explicounos que para plantalas, primeiro hai que botar a terra e despois co dedo facer
 un pequeno buraco no que meteremos a semente. 



Como algunhas son moi pequenas comentounos que hai que mesturalas con pos de 
talco para que sexa máis fácil collelas (tamén podemos facelo cunha pinza de depilar). 


Para botarlle por enriba tróuxonos vermiculita, que o que fai e reter a humidade 
os nutrintes da planta para que esta poida asimilalos.


Puidemos comprobar os tamaños, cores e formas das distintas sementes.



Plantamos sementes de leituga, repolo, coles de bruselas, acelgas, grelos, 
sandía, melón, cabaza, cenoria…



MOITAS GRAZAS AVOA DINA!

lunes, 25 de febrero de 2019

FLORES PARA O XARDÍN

Os nenos da aula de Leiro, estiveron plantando no xardín ciclamen.



Tedes máis fotos dos nenos pinchando neste ENLACE.

OS SUPERAVÓS DOS NOSOS ALUMNOS

Xa  están percorrendo os fogares dos nosos alumnos, os cadernos viaxeiros dos superavós. Temos avós con profesións como: encargado de conserveira, agricultor, enxeñeiro técnico, pintor de automoción, costureira, camioneiro, coidado de persoas, albanel, mariscadora, mariñeiro, mestre…
E afeccións como: cociñar, facer quebracabezas de 100-200 e 1000-2000 pezas, contar contos, plantar, xogar ás cartas e ao fútbol, pintar ao óleo, coidar dos animais, compoñer poemas…
Pero sobre todo, o que repiten moito é que o que máis lles gusta é coidar, xogar, pasear… cos seus netos.

MARAVILLOSOS AVÓS OS DOS NOSOS ALUMNOS!