O CRA de Ribadumia segue formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Neste
curso cumpren 30 anos protexendo o noso medio ambiente e nós, a través do noso
Proxecto “Pequenas mans, grandes
cambios”, queremos que @s nos@s alumn@s aprendan a racionalizar os recursos e a aportar o seu gran de area na
loita contra o cambio climático, xa que o destino do noso Planeta está nas súas
mans.
Queremos
tratar de evitar que esta xeración cometa os mesmos erros que nós, é educala
para construír un mundo mellor e máis sostible. Por iso, teñen que aprender a
recoñecer condutas correctas, e desenvolver valores que demostren unha forma
diferente de ver a natureza.
Todas
as actividades que imos realizar durante este curso irán encamiñadas a:
- Fomentar
o se interese polo coidado e mellora do entorno.
- Conseguir
que comecen a aprender cousas acerca do medio que lles rodea.
- Que
empecen a diferenciar cales son as accións negativas e positivas que se
realizan en canto ao coidado do medio ambiente. E ir adoptando hábitos que
poidan minimizar as negativas.
- Ampliar
os seus coñecementos ecolóxicos en temas como a enerxía, o cultivo das plantas,
a auga, as árbores, a alimentación etc…
A educación ambiental para nen@s é un aprendizaxe
transversal que supón a ensinanza de valores, conceptos e habilidades para que
exista unha convivencia pacífica entre as persoas e o entorno natural. Por
isto, entre as nosas metas tamén está:
- Informarlles de cales son os problemas concretos
que sufre o medio ambiente: quentamento global, contaminación do aire, da terra
e da auga, perdida da biodiversidade, xeración de residuos, deforestación,
cambio climático…
- Ensinarlles hábitos que contribúan a resolver ou
mitigar os problemas medioambientales: reciclar, reducir o consumo de enerxía,
non malgastar a auga, elaborar abonos naturais (compost) para evitar a
acumulación dos residuos orgánicos en vertedoiros e reducindo a emisión de
gases como o metano e o dióxido de carbono que son os responsables do cambio
climático…
- Conciencialos sobre a necesidade de coidar o entorno natural que temos ao noso redor de
forma activa: limpar o xardín, plantar flores e árbores…
