Mostrando entradas con la etiqueta Árbore do Ano en España 2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Árbore do Ano en España 2022. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de abril de 2022

UNHA OLLADA ÁS NOSAS ÁRBORES

Dende a aula de natureza estivemos facendo un seguimento do concurso "Árbore do Ano en España 2022". Vimos cales eran as seleccionadas, comentamos o seu aspecto, opinamos ao respecto e eliximos a nosa favorita. Entre elas había unha galega "O Carballo do Bosque do Banqueta de Conxo" de Santiago de Compostela, que resultou ser a que máis nos gustou

Dende o blog de natureza estivemos animando ás familias para que a votaran, e ao final foi a gañadora pasando a representar a España no concurso "Árbore Europea do Ano 2022" onde quedou segunda.

Todo este seguimento realizámolo porque consideramos que as árbores que nos rodean ofrécennos emocións diarias. Non se escapan, están aí dándonos follas, froitos, sombra, oxíxeno, refuxio para os animais... Son elementos singulares do noso patrimonio, que teñen moitos anos e que podemos tocar e sentir.

Por iso estamos seguras de que nas vosas casas, nos percorridos que facedes polos bosques cos vosos fillos, nas rúas polas que paseades…, haberá algunhas que vos chamen a atención pola súa beleza, tamaño, idade…, ou por ter algunha conexión con vós. Pode que se plantara cando naceron os vosos fillos ou nunha ocasión especial, ser importante por xogar os vosos fillos preto dela, por vela a miúdo ...

Queremos recoller todas estas árbores nun caderno viaxeiro ao que puxemos por título "Unha ollada ás nosas árbores"

Debido ao Covid cada familia levou a súa folla para cubrir e despois, unha vez que teñamos todas, xuntarémolas facendo un libriño por aula. 

Tedes que poñernos de que árbore se trata (carballo, castiñeiro, salgueiro, maceira, abeleira, laranxeira...), cal é a razón pola que é especial e despois pegar algunha foto dela (cos vosos fillos ou tamén con algún membro máis da familia).

Como as fotos teñen que ser en cor, se queredes podedes mandalas ao noso correo para imprimilas no colexio.

 blogdenatureza@gmail.com

Na aula de natureza  iremos vendo cada unha, a medida que as vaiades mandándoas.

ESTAMOS DESEXANDO VER 

TODAS ESAS ÁRBORES ESPECIAIS!

miércoles, 23 de marzo de 2022

E A ÁRBORE EUROPEA DO ANO 2022 É...

 A gañadora da "Árbore Europea do Ano 2022" foi o "roble Dunin" de Polonia.


A representante española, que era "O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo" de Santiago de Compostela, quedou segunda.

Dende a aula de natureza queremos darlle os nosos parabéns a nosa representante por este segundo posto e por ser a gañadora da "Árbore do Ano en España 2022".

miércoles, 2 de febrero de 2022

ÁRBORE EUROPEA DO ANO 2022

Como xa sabedes, O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo (Santiago de Compostela) foi elixido como a “Árbore do Ano en España 2022”.

Pois agora xa podemos votalo para escollelo como a “Árbore Europea do Ano 2022”.

Se pinchades na imaxe, entrades na páxina onde podedes votar. Como hai que facelo por dúas árbores, a nosa recomendación é que a segunda sexa unha das que menos votos teña.

O prazo é do 1 ao 28 de febreiro.

Con motivo desta candidatura, o Concello de Santiago de Compostela vai desenvolver unha campaña de repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo de Conxo.

domingo, 28 de noviembre de 2021

RESULTADO “ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022”

Estamos moi contentos xa que rematou a votación da “Árbore do ano en España 2022”, é foi elixido “O Carballo do Bosque do Banquete” de Conxo (Santiago de Compostela) con 22.974 votos.

Este carballo coñecido como “O Avó” ten 250 anos de historia, mide 30 metros de altura e ten case 4 metros de perímetro de tronco. A súa relevancia é tal que Rosalía de Castro dedicoulle un poema.

Agora vai ser o noso representante na “Árbore Europea de 2022”.

martes, 9 de noviembre de 2021

ÁRBORE DO ANO 2022

Xa está aberto o periodo de votación para elixir a árbore que vai representar a España no concurso europeo.

Quero animarvos a que votedes xunto cos vosos fillos, xa que neste momento o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo (Santiago de Compostela) é o que vai encabeza.

Aquí tedes o ENLACE para votar.

Na aula de natureza, imos ver tamén todas as árbores candidatas.

Esta votación vainos servir, máis adiante, para poñer en marcha un caderno viaxeiro que percorrera os fogares dos nosos alumnos.