Os
alumnos e mestra de natureza do CRA de Ribadumia, queremos facer móbiles para o
noso xardín dos sentidos.
Por
iso estamos cun proxecto sobre Cesar Manrique que foi un pintor, escultor e
arquitecto da illa de Lanzarote defensor do medio ambiente.
Este
artista español loitou para que a súa illa non se transformara nun feo centro
turístico e, grazas a isto todas as construcións de Lanzarote non poden exceder
o tamaño das palmeiras máis altas.
Unha parte importante
da súa obra escultórica a constitúen os móbiles, o que el chamaba “Xoguetes do vento”. Son estruturas
sólidas, pesadas e de ferro, que están formadas por esferas, círculos,
pirámides… e que cos fortes ventos que hai en Lanzarote adquiren movemento. Todas elas están distribuídas por
espazos públicos, sobre todo, da súa illa natal.
Na aula de natureza, estivemos
vendo vídeos dos seus xoguetes en movemento.
Se queredes velos na casa, pinchade neste ENLACE.
Tamén comezamos a traballar o seu nome e apelidos, o lugar onde naceu e as súas profesións.
E estamos elaborando
os nosos “xoguetes do vento”
utilizando materiais reciclados. Os primeiros que estamos facendo son cos
separadores de plástico das carpetas de aneis. Debuxaron con rotuladores
permanente caracois, carpas Koi, bolboretas… e tamén calcaron as mans de compañeiros
e despois recortáronos.