Ao
inicio do curso puidemos comprobar que os plásticos do noso invernadoiro
estaban rotos.
Falamos
con Lidia, do concello, e chegamos a un acordo: o
colexio mercaba os plástico e os operarios do concello os poñían.
Xa os compramos e
esta semana van a colocalos…
Mentres,
nos imos plantando sementes de verduras en macetas para despois, unha vez arranxado,
transplantalas ao invernadoiro.
As
primeiras foron as de leituga e os encargados os nenos da aula de Sisán.
Se
queredes ver máis fotos, pinchade neste ENLACE.
Dende este blog, queremos dar as grazas ao concello de Ribadumia pola súa colaboración e axuda
desinteresada en moitas das actividades do noso centro: axudar a limpar o xardín, arranxar
o invernadoiro, custear os autobuses das excursións…
No hay comentarios:
Publicar un comentario