Estas
7 herbas son: fiúncho, fento macho, herba Luisa, malva, codeso, herba de San
Xoán e romeu. Pero tamén hai outras, dependendo da zona de Galicia, como o sabugueiro, estraloque, tomiño,
ourego…
Aquí tedes algunhas delas.
Dende
o blog de natureza queremos propoñervos recuperar esta tradición, e como hai
que recoller plantas tamén podemos aproveitar para facer un herbario. Isto vai permitir coñecer mellor todas estas plantas que temos no noso entorno, e tamén familiarizarnos coas diferentes formas, cores, texturas e olores que teñen.
Esta
tarefa implica a súa busca, recolección, prensado, secado e montaxe. Primeiramente
sairemos a recollelas e despois temos que identificalas. Aquí tede algunhas guías:
Para
secalas e prensalas cada unha colocarémola entre follas de xornal e, seria
interesante poñer xunto a ela un papeliño co seu nome para non esquecernos.
Apiñaremos
unhas sobre outras e colocaremos enriba algo pesado, como varios libros, que
farán a función de prensado. Deixarémolas así como unha semana aproximadamente.
Despois
colocaremos cada unha nunha folla ou cartolina, fixarémola con cinta adhesiva e
enriba ou debaixo escribiremos o seu nome.
Para
montar o herbario, propóñovos dúas opcións:
- Meter cada unha nunha funda
plástica e todas xuntas nun arquivador.
- Facer unha portada con cartolina na que poñeremos a palabra herbario e de contraportada outra cartolina. Despois cunha perforadora faremos dous buracos a cada folla e uniremos todas con la de cores para rematar o noso libriño de herbas.
Outra
cousa que podedes realizar e recoller ditos populares galegos sobre as plantas. Para
facer esta actividade podemos recorrer aos nosos avós, que estou segura que
saben moitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario