lunes, 29 de junio de 2026

BO VERÁN

Dende a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade educativa unhas boas vacacións de verán.

A Antón, Yaiza, Xabier, Brais, Xurxo, Lara Chaves, Valentina, Gael, Julia, Lara Fontán, Elia e Alexia, que rematan a educación infantil no CRA de Ribadumia, mandarlles moitos bicos e dicirlles que estamos segurísimos de que lles vai ir moi ben nesta nova etapa que comezan na Educación Primaria.

A Kelyan, Matteo e Chloe, que van facer 6º de educación infantil noutro colexio, tamén desexarlles que o pasen moi ben no seu novo centro e fagan moitos amigos. 



jueves, 11 de junio de 2026

LIMPANDO E PLANTANDO!!

Como temos bo tempo, seguimos quitando as malas herbas e plantando no noso xardín.

RIBADUMIA A

RIBADUMIA B – SALVIA VERMELLA


LOIS – ALEGRÍAS


viernes, 5 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Hoxe, 5 de xuño, é o día do Medio Ambiente.

Na aula de natureza, para celebrar esta data, estivemos realizando as seguintes actividades:

-Miramos o vídeo de Happy Learning “La deforestación: maneras de cuidar del Medio Ambiente”

A través del descubrirán que é a deforestación, aprenderán o importante que é protexer os nosos bosques…E tamén, que podemos facer para axudar.

-Limos o conto “Que teñen que ver as vacas co cambio climático?” de Marián Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo (Hércules de ediciones). Nel, as autoras explícannos como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Pero ademais de falarnos das consecuencias do fenómeno, tamén dannos instrucións sobre como activar o Superpoder (que temos todas as persoas que consumimos) para frear o cambio climático. 

-Limpamos o noso xardín e despois plantamos flores. Estas son unhas actividades que non só melloran o entorno inmediato, senón que ademais transforman  a mentalidade do noso alumnado a longo prazo.

Os beneficios ambientais de estas dúas actividades son:

Reducir a contaminación. Xa que retirar lixo, evita que algúns desfeitos danen o chan.

Purificar o aire. As novas plantas absorben dióxido de carbono e liberan osíxeno.

Protexer o chan. As raíces das plantas suxeitan a terra e evitan erosións provocadas pola choiva.

Fomentar a biodiversidade. As flores atraen a insectos que polinizan como as abellas e bolboretas.