Mostrando entradas con la etiqueta CARBALLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CARBALLO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de marzo de 2022

E A ÁRBORE EUROPEA DO ANO 2022 É...

 A gañadora da "Árbore Europea do Ano 2022" foi o "roble Dunin" de Polonia.


A representante española, que era "O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo" de Santiago de Compostela, quedou segunda.

Dende a aula de natureza queremos darlle os nosos parabéns a nosa representante por este segundo posto e por ser a gañadora da "Árbore do Ano en España 2022".

miércoles, 2 de febrero de 2022

ÁRBORE EUROPEA DO ANO 2022

Como xa sabedes, O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo (Santiago de Compostela) foi elixido como a “Árbore do Ano en España 2022”.

Pois agora xa podemos votalo para escollelo como a “Árbore Europea do Ano 2022”.

Se pinchades na imaxe, entrades na páxina onde podedes votar. Como hai que facelo por dúas árbores, a nosa recomendación é que a segunda sexa unha das que menos votos teña.

O prazo é do 1 ao 28 de febreiro.

Con motivo desta candidatura, o Concello de Santiago de Compostela vai desenvolver unha campaña de repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo de Conxo.

domingo, 28 de noviembre de 2021

RESULTADO “ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022”

Estamos moi contentos xa que rematou a votación da “Árbore do ano en España 2022”, é foi elixido “O Carballo do Bosque do Banquete” de Conxo (Santiago de Compostela) con 22.974 votos.

Este carballo coñecido como “O Avó” ten 250 anos de historia, mide 30 metros de altura e ten case 4 metros de perímetro de tronco. A súa relevancia é tal que Rosalía de Castro dedicoulle un poema.

Agora vai ser o noso representante na “Árbore Europea de 2022”.

lunes, 30 de noviembre de 2020

AS ÁRBORES

Seguindo coa Ruta da Pedra e da Auga, empezamos a coñecer que árbores podemos atopar neste percorrido.

A primeira foi O CARBALLO

Como temos moitos no noso xardín de Leiro, saímos para ver como son as súas follas e o seu froito, se é de folla caduca ou perenne.... 


Despois, na aula de natureza, fixemos unha ficha coa que recordar todo o que descubrimos sobre esta árbore.


sábado, 28 de marzo de 2020

DANA E ADRIANA PLANTAN SEMENTES

Dana e Andrea, da aula de Ribadumia B, plantaron sementes de tomate, 
acelgas, cabaciñas, xudías e azafrán. 
Para facelo, déronlle un novo uso a pequenos tarriños de plástico. 



                                      Están desexando que comecen a brotar!

Tamén plantaron esgallos de xasmín. 


Dana, na foto, quere amosarnos o carballo con botas que plantamos na escola. Para que teña máis espazo para medrar, transplantárono a unha maceta.


Coa chegada da primavera xa ten brotes novos!

martes, 5 de noviembre de 2019

COMO MEDRAN OS CARBALLOS CON BOTAS…

Pedimos ás familias dos nosos alumnos se podían enviarnos fotos dos carballos con botas que plantamos na escola o curso 2018-19 e, que os nenos levaron para coidar nas casas.
Algúns xa medraron moito e, hai quen os segue tendo nas botas e noutros casos transplantáronos a macetas ou á terra.
                                                     DANA E ADRIANA DE RIBADUMIA B
     

                                 KARLA DE LOIS                                          CLARA DE SISÁN 

                                                              
                                                               VALENTINA DE RIBADUMIA A

                                     
                                  ANA DE RIBADUMIA A                                            LÍA DE LEIRO


                                                                   LÍA DE RIBADUMIA B                           


                                                                            MARCOS DE LEIRO


LAURA DE LEIRO




¡PRECIOSOS!

viernes, 12 de abril de 2019

XA TEMOS CARBALLOS CON BOTAS!

Esta semana os nenos, das distintas aulas, levaron os seus carballos con botas. As
 landras que plantamos nas botas vellas, como propuxo Anxo Moure no seu conto 
“O carballo con botas”, xa xerminaron e saíron.
Algúns están máis grandes que outros aínda que os coidados foron para todos 
iguais. Estamos seguros de que agora nas casas medraran moito máis.
Cando sexan máis grandes gustaríanos que mandarades algunha foto ao noso 
correo electrónico (blogdenatureza@gmail.com) para subilas ao blog.





domingo, 9 de diciembre de 2018

CREANDO OS NOSOS CARBALLOS CON BOTAS

Despois de ler o conto de Anxo Moure  “O carballo con botas” , saímos ao xardín
 para coller as landras que estaban polo chan debaixo dos nosos carballos.






A continuación pedimos as familias que trouxeran botas vellas, que tiveran nas 
casas, para crear os nosos carballos con botas. 
Cando medren, cada neno levara a seu para poder repoboar algún bosque ou monte 
con esta especie autóctona ou plantalos nos seus xardíns.