No
noso xardín dos sentidos tiñamos o parterre do gusto soamente con amorodos. As
verduras plantámolas no invernadoiro, xa que fora quéimansenos coas xeadas. Para
solucionar este problema decidimos plantar pequenos arbustos de froitos
comestibles: arandeiras, framboeseiros, amoras silvestres, guayabo-fresa... Así, cando medren poderemos preparar algunhas
receitas con eles.
jueves, 30 de noviembre de 2017
ARBUSTOS PARA O XARDÍN
Etiquetas:
ALIMENTATE BEN 2017-18,
AMORA SILVESTRE,
ARANDEIRA,
ARBUSTOS,
CURSO 2017-18,
FRAMBOESEIRO,
GUAYABO-FRESA,
LEIRO,
LOIS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
XARDÍN
lunes, 27 de noviembre de 2017
MIMULUS
Os alumnos de Leiro, plantaron mimulus no xardín. Como curiosidades destas flores temos que dicir:
- Tamén recibe o nome de flor-mono, xa que algunhas flores (se as miramos de fronte)
teñen a forma da cara dun mono.
- Toda
a planta é comestible.
- O
zume das súas follas utilízase como
cataplasma para as queimaduras leves e irritacións da pel.
Tedes máis fotos neste ENLACE.
sábado, 18 de noviembre de 2017
jueves, 16 de noviembre de 2017
COL DECORATIVA
Os alumnos de Ribadumia A estiveron plantando berzas decorativas no xardín.
Cada vez está máis bonito con todas as flores que estamos plantando.
Se queredes ver máis fotos, podedes facelo neste ENLACE.
miércoles, 15 de noviembre de 2017
CADERNO VIAXEIRO
Con motivo do día dos animais (4 de outubro), na aula
de natureza comezamos a traballar en torno ás mascotas. Queremos que os nosos
alumnos comprendan que os animais non son xoguetes e que ter un na casa implica
certas responsabilidades: alimentala, aseala, levala ao veterinario, sacala de paseo…
Como todos querían dicirnos que mascotas tiñan, como eran, que facian...,
decidimos elaborar un caderno viaxeiro. A nosa intención é, que percorra os
fogares dos nosos nenos para que poidan contarnos todas estas cousas.
.
Nel as
familias atopan, nunha primeira folla, unha pequena introdución sobre o
compromiso que supón ter unha mascota e tamén unha explicación sobre o que
pretendemos recoller con este caderno viaxeiro.
A continuación veñen as follas para
cubrir, nas que hai que poñer o nome e apelidos do alumno, que animais teñen,
se son adoptados, mercados ou regalados, algunhas peculiaridades deles e a súa foto. Na escola, iremos mostrando cada traballo ao resto do alumnado.
Quero
dar as grazas as familias pola súa implicación nesta actividade, os nenos
están
traendo fotos preciosas e historias moi bonitas sobre as súas mascotas.
En próximas
entradas, subiremos ao blog algúns traballos.
Etiquetas:
ANIMAIS,
CADERNO VIAXEIRO,
CURSO 2017-18,
LEIRO,
LOIS,
MASCOTAS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! CURSO 2017-18
martes, 14 de noviembre de 2017
PLANTANDO BRÓCOLI NO INVERNADOIRO
Os nenos de Ribadumia B, estiveron plantando brócoli no invernadoiro.
Como curiosidades desta verdura temos que dicir que é unha invención do home (foi creada dunha col silvestre) e, os romanos o chamaban "os cinco dedos verdes de Júpiter".
Máis fotos neste ENLACE.
lunes, 13 de noviembre de 2017
domingo, 5 de noviembre de 2017
CONTOS SOBRE MASCOTAS
Na
biblioteca de Leiro, estivemos vendo dous contos nos que os protagonistas son
as mascotas:
“Un
perro en casa” de Nuria Roca. Edit: Edebé. Nel explícannos que ter un can en
casa é unha gran responsabilidade na que debe participar toda a familia,
incluso os máis pequenos. Hai que levalos ao veterinario, darlles de comer e
beber, lavalos, educalos, sacalos a pasear…
“Sultán
non ten microchip” de Pepe Carreiro (os Bolechas). Este conto, que podedes ver online, está incluído na
campaña promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas e, explica aos nenos como e por que debemos identificar ao noso
can cun microchip para garantir a súa seguridade e protección. Ademais de
difundir o conto, tamén hai unha páxina web, na que
os rapaces poden coñecer máis sobre este tema a través de xogos, así como
outras actividades que teñen ós Bolechas como protagonistas.
Etiquetas:
ANIMAIS,
CURSO 2017-18,
LEIRO,
LOIS,
MASCOTAS,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
VOLUNTARIADO MIÚDO:MÓVETE! CURSO 2017-18
Suscribirse a:
Entradas (Atom)