Mostrando entradas con la etiqueta ALIMÉNTATE BEN 2022-23. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALIMÉNTATE BEN 2022-23. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de junio de 2023

CREMA DE ACELGAS

Xana, a nai de Noel de Leiro, enviounos ao noso correo unhas fotos do seu fillo comendo unha crema de acelgas con esta verdura, do noso invernadoiro, que lle tocou.

AQUÍ O TEDES TAMÉN AXUDANDO A PREPARAR ESTA RECEITA!

E AO REMATAR DE COMER TAMÉN AXUDOU A LAVAR A LOUZA!!

BRAVO POR NOEL!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!

QUE RICA TEN QUE ESTAR ESTA CREMA!

miércoles, 17 de mayo de 2023

DÍA DA RECICLAXE

 Hoxe, 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén e o día da Reciclaxe.

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) declarou este día coa finalidade de que coidemos o medio ambiente e de que nos concienciemos da importancia de REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR produtos co propósito de minimizar o noso impacto negativo sobre o Planeta.

Na aula de natureza do CRA de Ribadumia facemos moitas cousas para que os nenos, xa dende pequenos, saiban que cousas poden facer para reducir o volumen de residuos e lixo.

Reciclamos a basura a través dos nosos contedores.


Temos unha composteira coa que facemos compost utilizando as herbas malas, mondas das froitas das merendas…, para despois abonar con el a terra onde plantamos as nosas verduras e acadar, deste xeito, que sexan máis sas.


Reciclamos pilas a través do noso boneco Piliñas.

A través do noso caderno viaxeiro “Dándolle unha nova vida ao lixo”, tratamos de concienciar a alumnos e familias de que hai algunhas cousas ás que podemos darlle unha segunda vida e deste xeito reducir a cantidade de lixo que tiramos.

viernes, 12 de mayo de 2023

ACUARIO DO GROVE

 O martes 9 de abril tivemos unha saída ao acuario do Grove.

Alí, realizamos dúas actividades co noso monitor Borja:

Un taller que leva por título “Pesca con ollo”, que pretende iniciar aos nenos no mundo da pesca a través de xogos cos que desenvolveran coñecementos de respecto e coidado do ecosistema mariño. 

Así, os nosos alumnos puideron pescar e despois observar o debuxo que aparecía por detrás do peixe para botalo na caixa de cousas naturais que serven ou lixo que non. Mentres un grupo facía isto, outro remexía en cubos cheos de algas (farrapos) para buscar tamén e separar as dúas cousas.


A continuación vimos as nasas coas que se pescan polbos e crustáceos.

Despois visitamos o acuario, onde puidemos ver moitos animais mariños como: douradas, sargos, bateas de mexillóns, ollomoles, xurelos, congros,  morenas, cabaliños e estrelas de mar, medusas, pez pallaso, pez pipa, pez cirurxián, quenllas, meros, polbos, escarapotes…

Grazas ao noso monitor Borja, descubrimos moitas curiosidades de todas estas especies mariñas.





lunes, 8 de mayo de 2023

E SEGUIMOS CON MÁIS RECEITAS!!

María, a avoa de Farah de Lois, enviounos unha foto da súa neta comendo unha crema de acelgas que fixeron con esta verdura que lles toco. 

Sonia, a mamá de Sofía de Ribadumia B, mandounos unhas fotos da súa filla comendo unha crema de cabaza que fixeron cos porros que lles tocaron, e unha cabaza que cultivan eles mesmos.

Aquí tedes a receita:

- Cortaron os dous porros e unha cenoira en rebandas, e puxéronos nun cazo cun pouco de aceite 5 minutos.

- Limparon e cortaron en cadrados, non moi grandes, a cabaza (500 gr.) e despois engadírona ao cazo.

-  Puxeron sal e pementa.

-  Engadiron auga pero sen que chegue a cubrir, salvo que queiramos a crema moi líquida.

- Taparon e deixaron cocer ata que a cabaza estivo brandiña.

- Trituraron e agregaron picatostes que lles gustan moito,

María, a mamá de India da aula de Sisán, comentounos no seu correo que as acelgas que lle tocaron a súa nena primeiramente coceu algunhas con ovos e patacas que as súas fillas non as quixeron comer. Despois coas sobrantes ocorréuselle bótalas, xa cocidas, na pizza que soen facer os venres…

Así gustáronlle!!

QUE RICAS RECEITAS!!

MOITAS GRAZAS POLAS FOTOS!!

sábado, 29 de abril de 2023

OS NOSOS ALUMNOS LEVAN UNHA 2ª VERDURA

Como todo o nenos alumnado xa levou unha verdura do invernadoiro para comer en familia, estamos sorteando as segundas.

Como os nosos nenos de 6º de Educación Infantil non van a estar para o vindeiro curso e non van ter oportunidade de levalas, imos comezar por eles,











sábado, 15 de abril de 2023

BATIDO DE LARANXA

Onte, venres 14 de abril, estivemos preparando cos alumnos de Leiro e Sisán un batido coas laranxas da nosa laranxeira.


Ademais das laranxa, para a súa elboración utilizamos iogures naturais e leite condensada.

Para a súa preparación primeiramente fixemos o zume coas laranxas e metémolo nunha cunca, a continuación botamos os iogures e despois a leite condensada. Para rematar, cun batedor mesturamos todo e…

LISTO PARA TOMAR!!

LEIRO E SISÁN





RIBADUMIA B







RIBADUMIA A

Neste batido mesturamos laranxas e limóns do noso limoeiro.








LOIS

Para este batido soamente utilizamos limóns.