Hoxe, 17 de maio, ademais de ser o día das Letras Galegas tamén e o día da Reciclaxe.
A
Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura
(UNESCO) declarou este día coa finalidade de que coidemos o medio ambiente e de
que nos concienciemos da importancia de REDUCIR,
REUTILIZAR e RECICLAR produtos co propósito de minimizar o noso impacto
negativo sobre o Planeta.
Na
aula de natureza do CRA de Ribadumia facemos moitas cousas para que os nenos,
xa dende pequenos, saiban que cousas poden facer para reducir o volumen de
residuos e lixo.
Reciclamos a basura a través dos nosos contedores.
Temos unha composteira coa que facemos compost utilizando as herbas malas, mondas das froitas das merendas…, para despois abonar con el a terra onde plantamos as nosas verduras e acadar, deste xeito, que sexan máis sas.
Reciclamos pilas a través do noso boneco Piliñas.
A
través do noso caderno viaxeiro “Dándolle unha nova vida ao lixo”,
tratamos de concienciar a alumnos e familias de que hai algunhas cousas ás que
podemos darlle unha segunda vida e deste xeito reducir a cantidade de lixo que
tiramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario