jueves, 25 de mayo de 2023

MÁIS COUSIÑAS FEITAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

A través no noso caderno viaxeiro, “Dándolle unha nova oportunidade ao lixo”, seguimos recibindo moitas cousiñas feitas con material de refugallo.

Aroa, de Ribadumia B, fixo un helicóptero utilizando un vaso de iogur, paus de xeado, gomas, palliñas e anacos de papel.

Sofía Vila, de Lois, realizou un bote para gardar cousas e un collage. Para todo isto empregou unha figura dun animal de xoguete, un bote de cristal, tapas de iogures e debuxos de revistas. 

Giancarlo, de Ribadumia A, elaborou un robot con telescopio. Para facelo usou un bote, tubos de papel hixiénico, tapóns de botellas, revistas, anacos de corda, vaso de iogur, pedras, cunchas e cascas de noces.

María, de Leiro, fixo un lapiseiro utilizando unha botella de auga de plástico e un folio.


Valeria, de Ribadumia B, realizou un verme, un polbo e unha bolboreta. Para todo isto usou: un tubo de papel hixiénico, unha botella de plástico, dous vasos de iogur, cartón de ovos, palliñas, plastilina, pinturas, ollos móbiles, cartolina, cordón, goma eva e cinta de cores.  

Martín, de Ribadumia A, construíu unha avioneta cunha botella de auga pequena, cartolina e pegatinas.

Lara, de Sisán, utilizou botellas de auga pequenas, unha caixa de cartón, cola, témperas de cores e pelotas pequenas que tiña na casa. Con todo isto, fixo un xogo de bolos.


Aloia, de Sisán, elaborou moedeiros e un estante para infusións con cartóns de leite, anacos de tea dun pantalón vello, unha caixa, papel de regalo e de xornal, feltro e corda.

Sofía Agra, de Lois, realizou un arco, adornos para o xardín, un elefante, dúas xoaniñas, 3 lapiseiros, dúas macetas, unha tartaruga, unha vela, flores e un pebideiro de sementes. Para elaborar todo utilizou: botellas de plástico, caldeiro roto, latas, goma eva que sobrou do entroido, tapóns, pinturas e cartóns de ovos.

Aarón, de Leiro, fixo dinosauros usando tubo de papel de cociña, témperas e pratos de papel.


Jesús, de Ribadumia A, construíu un xogo de pesca empregando unha caixa grande de calzado, cartóns, cartolinas, tapóns e plástico.

Jose, de Sisán realizou un peto cun bote de nesquik, paliños de cores e pegatinas publicitarias.

Roi, de Lois, elaborou un peto, un verme e unha maceta cunha botella e unha caixa de plástico, cartón de ovos.

QUE COUSAS MÁIS FERMOSAS!!

GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR NESTA PROPOSTA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario