viernes, 12 de mayo de 2023

ACUARIO DO GROVE

 O martes 9 de abril tivemos unha saída ao acuario do Grove.

Alí, realizamos dúas actividades co noso monitor Borja:

Un taller que leva por título “Pesca con ollo”, que pretende iniciar aos nenos no mundo da pesca a través de xogos cos que desenvolveran coñecementos de respecto e coidado do ecosistema mariño. 

Así, os nosos alumnos puideron pescar e despois observar o debuxo que aparecía por detrás do peixe para botalo na caixa de cousas naturais que serven ou lixo que non. Mentres un grupo facía isto, outro remexía en cubos cheos de algas (farrapos) para buscar tamén e separar as dúas cousas.


A continuación vimos as nasas coas que se pescan polbos e crustáceos.

Despois visitamos o acuario, onde puidemos ver moitos animais mariños como: douradas, sargos, bateas de mexillóns, ollomoles, xurelos, congros,  morenas, cabaliños e estrelas de mar, medusas, pez pallaso, pez pipa, pez cirurxián, quenllas, meros, polbos, escarapotes…

Grazas ao noso monitor Borja, descubrimos moitas curiosidades de todas estas especies mariñas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario