Este
curso 2025-26, seguimos formando parte do Programa Medioambiental Voz Natura da
Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Nesta
29ª edición quere dárselle especial fincapé a crise climática e a realización
de accións para combatila e a busca de solucións para mitigala.
Nós, a
través do proxecto “Sementando un futuro
verde: nen@s contra o cambio climático” queremos que o noso alumnado vaian
adquirindo conciencia da importancia da natureza, e que ao mesmo tempo amplíen
os seus coñecementos sobre ela a través dunha metodoloxía activa e
participativa, co fin de lograr mellorar as súas condutas no futuro. Non
soamente hai que valorala, senón tamén tomar as medidas necesarias para non
facerlle dano e saber que pequenas e simples actitudes e accións poden
contribuír ao seu coidado. É necesario espertar neles e nas súas familias un
respecto cara o seu contorno, que os faga ser capaces de conservalo e
compartilo cos demais de forma solidaria.
Dende
a escola, traballaremos con eles aspectos como:
- Que
a auga non é un recurso ilimitado. 3 de cada 10 persoas no mundo non teñen
acceso á auga potable no seu fogar. Temos que educar @s nos@s alumn@s para que
a aforren: duchándose no lugar de bañarse, cerrando a billa mentres cepillan os
dentes, regando con regadeiras e non mangueiras…
- Que
temos que reciclar o papel. Teñen que aprender a utilizar as dúas caras do
papel, así como separar os residuos dende pequenos.
- Usar
o transporte público ou a bicicleta. Ao utilizar esta última, ademais de facer
deporte, estarán protexendo o medio ambiente e xerando cidades menos
contaminadas.
- Reutilizar.
Son moitas as utilidades que podemos darlle a múltiples obxectos sen necesidade
de tiralos antes de tempo (vasos de iogur para plantar sementes, tapas de
botellas para facer xogos, cortizas para elaborar árbores de Nadal, botellas
pequenas de auga para crear instrumentos musicais…). Tamén estaremos coidando o
medio ambiente facendo que a roupa pase de xeración en xeración, doando libros
ou comprándoos usados, restaurando mobles antes de desfacernos deles…
- Ir
retirando o plástico das nosas vidas. Cada vez hai máis xente que usa bolsas de
tea, pero aínda seguemos abusando do plástico en moitos obxectos da nosa vida
diaria. Temos que intentar reducilo ao máximo.
- Ensinarlles
a facer manualidades con obxectos que temos por casa ( tubos de papel
hixiénico, botellas de deterxente, latas…) ou da natureza (pedras, follas, paus…).
- Educalos
no respecto polos animais e as plantas.
- Favorecer
que consuman alimentos frescos de temporada.
- Que
aprendan a apagar a luz cando non están nas habitacións ou fai sol e non é
necesaria, ordenador ou tablet cando non os utilicen, televisión cando non a
están vendo… Ademais de aforrar, estarán
coidando o planeta.
- Facer
un consumo responsable e soamente adquirir o imprescindible cando se necesite.
Comprando máis, tiramos máis.
O noso
obxectivo principal é que logren sincronizarse co medio ambiente e natureza,
comecen a sensibilizarse sobre a necesidade de protexelos, aprecien todos os
beneficios naturais que nos proporcionan e aprendan a utilizalos na vida diaria
para o seu consumo de forma responsable e ecolóxico.
Para o vindeiro curso 2025-26
tamén pretendemos que:
- Aprendan a plantar e realizar tarefas de limpeza
do xardín e invernadoiro.
- Adquiran hábitos saudables. Co noso invernadoiro
cultivarán e coidarán as verduras que plantan, para posteriormente levalas ás
casas para degustar en familia alimentos sas.
- Saiban o importante que é o emprego de abonos
naturais. Para iso, elaboraremos compost coas mondas das froitas das merendas,
herbas malas do xardín…, e despois mesturarémolo coa terra do noso invernadoiro
para que as nosas verduras crezan más naturais e saudables.
- Comecen a:
·
Realizar a recollida selectiva, a través da
separación dos residuos. Para isto, contaremos con contedores de plástico,
papel e cartón e orgánico.
·
Reutilizar algúns materiais de refugallo para darlle
unha nova vida (botellas de plástico, tubos de papel hixiénico, tapóns, caixas…).
- Coñezan as conmemoracións (día
dos animais, da reciclaxe, dos bosques, da auga…) coas que pretendemos
sensibilizalos sobre a importancia de protexer o medio ambiente, a natureza e
os seres que nela habitan.
Como @s nos@s alumn@s teñen idades comprendidas entre os
3 e 6 anos os contos e vídeos educativos serán uns recursos moi utilizado, xa
que consideramos que son unhas moi boas ferramentas coeducativas que estimulan
a súa imaxinación e transmítenlles moitos valores dun xeito máis ameno e
efectivo. A través deles imos captar máis a súa atención e interese, atoparán
unha explicación máis razoada a todo o que acontece, entenderán a súa
importancia e incorporarán de forma máis natural todas as cousas que podemos
facer para preservar o noso Planeta.
Ademais, no caso dos contos, son vehículos de información
cos que aprenden máis facilmente grazas a fantasía e maxia que espertan e, tamén
soen identificarse cos seus personaxes e poñerse no seu lugar.