Na aula de natureza estivemos lendo dous
contos de Anxo Moure: “O carballo con
botas” e “A xacía Luviñas”. Os
dous están feitos con papel reciclado e, cos cartos de cada libro vendido
plántase unha árbore autóctona.
Despois estivemos falando
sobre a mensaxe que este escritor intenta transmitirnos a través deles, utilizando sabios consellos como: evitar os incendios forestales, manter limpos de lixo os
bosques, praias, ríos…, reciclar….
Isto vai ser o punto de
partida para traballar algunhas das árbores autóctonas (os seus nomes, tipo de folla, froito…) que aparecen no seu
conto “O carballo con botas”, tales como: carballo, castiñeiro, bidueiro, buxo,
teixo…