Os nenos das distintas
aulas, xa levaron ás casas o libriño de Cesar Manrique onde queda recollidos
todos os traballos realizados sobre este escultor, arquitecto e pintor
orixinario da illa de Lanzarote. Entre a súa obra escultórica, o máis destacado foron os seus “Xoguetes do vento” que podemos ver por toda a illa.
Nos fixemos algúns utilizando materias reciclados, pero o mal tempo aínda non nos
permitiu colgalos nas árbores do noso xardín e poder amosarvos fotos deles.
Pero, grazas a que temos familias moi participativas, podemos ensinar o xoguete do vento
que fixeron Rita (aula de Leiro) e a súa nai Tamara e do que nos enviaron fotos para poder compartilo
connosco.
¡MIRADE QUE BONITO!
Dende o blog de natureza, queremos
darlles as grazas e animar ás demais familias a que fagan os seus xoguetes do
vento utilizando materiais reciclados e nos envíen fotos a blogdenatureza@gmail.com para poder colgalas no
noso blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario