Isto vai a ser o inicio dun
novo proxecto no que imos a traballar algunhas das nosas árbores, tendo como
punto de partido o conto de Anxo Moure “O
carballo con botas”.
Anxo Moure, atrapacontos e
cicliobibliotecario, vai ser o punto de partida deste traballo xa que a súa
intención, como a nosa a través da aula de natureza, é a de protexer o
medio ambiente. O que fai é atrapar os contos que se escapan dos bosques e
gardalos nunha bicicleta, cun carriño dianteiro, para que os nenos e nenas os
escoiten, coiden e, sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas
accións que protexan as árbores e os ríos que nel habitan.
Os alumnos e mestres do CRA de Ribadumia, queremos dar as grazas a Anxo Moure pola súa aportación ao coidado do medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario