Dende
a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade
educativa unhas boas vacacións de verán.
A
Antón, Yaiza, Xabier, Brais, Xurxo, Lara Chaves, Valentina, Gael, Julia, Lara
Fontán, Elia e Alexia, que rematan a educación infantil no CRA de Ribadumia,
mandarlles moitos bicos e dicirlles que estamos segurísimos de que lles vai ir
moi ben nesta nova etapa que comezan na Educación Primaria.
A
Kelyan, Matteo e Chloe, que van facer 6º de educación infantil noutro colexio,
tamén desexarlles que o pasen moi ben no seu novo centro e fagan moitos amigos.
Na
aula de natureza, para celebrar esta data, estivemos realizando as seguintes
actividades:
-Miramos o vídeo de
Happy Learning “La deforestación:
maneras de cuidar del Medio Ambiente”.
A
través del descubrirán que é a deforestación, aprenderán o importante que é
protexer os nosos bosques…E tamén, que podemos facer para axudar.
-Limos
o conto “Que teñen que ver as vacas co
cambio climático?” de Marián Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo
(Hércules de ediciones). Nel, as autoras explícannos como funciona o Planeta e
por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Pero
ademais de falarnos das consecuencias do fenómeno, tamén dannos instrucións
sobre como activar o Superpoder (que temos todas as persoas que consumimos)
para frear o cambio climático.
-Limpamos
o noso xardín e despois plantamos flores. Estas son unhas actividades que non
só melloran o entorno inmediato, senón que ademais transforman a mentalidade do noso alumnado a longo prazo.
Os
beneficios ambientais de estas dúas actividades son:
Reducir a contaminación.
Xa que retirar lixo, evita que algúns desfeitos danen o chan.
Purificar o aire.
As novas plantas absorben dióxido de carbono e liberan osíxeno.
Protexer o chan.
As raíces das plantas suxeitan a terra e evitan erosións provocadas pola
choiva.
Fomentar a biodiversidade.
As flores atraen a insectos que polinizan como as abellas e bolboretas.
Para
celebralo, na aula de natureza estivemos realizando as seguintes actividades:
-Visionado de “Reducir, Reutilizar y Reciclar. Para mejorar el mundo” de Happy Learning. Nel explícannos o significado de
cada unha destas palabras, e o importante que son as tres para acadar un
Planeta máis limpo, menos contaminado e onde todos podamos vivir mellor.
-Lectura do conto “Capitán
Verdemán: Superhéroe del reciclaje” de Ellie Bethel (editorial
Juventud). Que conta, como unha cidade
está afogando nos montóns de lixo pola pereza e o malgastar dos seus
habitantes. Pero chegará o capitán Verdemán para rescatala e demostrar que a
reciclaxe e divertida.
Nós, na aula de natureza, xa temos
dous superheroes debuxados polos nen@s e elixidos polas mestras.
Tamén dispoñemos de:
-Contedores para
reciclar papel, plástico e material orgánico.
- Composteiro para facer abono rico en nutrientes coas mondas das merendas e herbas malas de limpar o xardín .
-Un boneco chamado Piliñas para reciclar as pilas.