Os
nenos e nenas de Ribadumia B, estiveron plantando patacas no invernadoiro.
miércoles, 25 de marzo de 2015
martes, 24 de marzo de 2015
MURAIS DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA
Aquí
tedes os murais que realizamos na aula de natureza para conmemorar o día da
árbore e da auga.
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
Primeiramente
estivemos falando do importantes que son as árbores para as persoas e animais e que, entre todos, temos que protexelas e coidalas.
Para
a realización do mural utilizamos algúns materias reciclados como:
Papeis
de xornais pintadas para o tronco.
Tapóns
de plástico para as flores.
Follas que recolleron os
nenos no xardín para poñer na árbore.
DÍA DA AUGA
Estivemos
conversando sobre o importante que é aforrar auga e como podemos facelo, despois
coloreamos algunhas imaxes nas que as persoas están utilizándoa e os nenos
segundo consideraran que se estaba facendo ben ou mal foron escribindo:
“Si“ cunha cara alegre, cando se estaba
utilizando ben.
“Non“
cunha cara triste, cando a súa utilización non era a adecuadamente.
jueves, 19 de marzo de 2015
REPOLOS PARA AS CASAS
Algúns
dos repolos que plantamos no invernadoiro xa están listos para apañar, polo que
estamos realizando o seu sorteo entre os alumnos das distintas aulas…
PLANTAMOS CEBOLAS
Os
nenos da aula de Ribadumia B, estiveron plantando cebolas no invernadoiro…
antes de facelo xogamos a adiviñar , cheirando a planta, que era o que iamos sementar…
CELEBRAMOS O DÍA DE…
Dende
a aula de natureza do CRA de Ribadumia, queremos lembrarlle a toda a xente que
sigue o noso blog que veñen dúas datas moi importantes…
DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES
O
sábado 21 de marzo conmemoramos o día Internacional dos Bosques.
O
que se pretende e concienciar ás persoas da importancia das árbores para a
vida, xa que proporcionan moitos beneficios: dan sombra, axúdannos a respirar
mellor, minoran o ruído, dan alimentos a
persoas e animais, embelecen os nosos arredores…
DÍA DA AUGA
O
domingo 22 de marzo conmemoramos o día da auga.
A
auga ten unha función esencial, por
iso non debemos malgastala xa que hai moitas poboacións no mundo que sofren
problemas relacionados con ela.
É importantísima para a nosa saúde e primordial para a supervivencia das persoas. Podemos sobrevivir semanas sen alimentos, pero só uns
días sen auga…
No
colexio estamos preparando dous murais para celebrar estes dous días.
Cando estean rematados, subirémolos ao blog.
lunes, 16 de marzo de 2015
REMOLACHA E CABACIÑA
Os nenos da aula de Leiro, estiveron plantando no
invernadoiro...
remolachas
e cabaciñas
Podedes ver máis fotos pinchando AQUÍ.
domingo, 8 de marzo de 2015
XA TEMOS COLLEITA DE BRÓCOLI
lunes, 2 de marzo de 2015
MOUSE DE LIMÓN CON IOGUR
Na
aula de natureza, xa comezamos a facer o mouse de limón con iogur…
Collemos
os limóns do noso limoeiro, espremémolos, botamos nunha cunca os iogures
naturais, incorporamos a leite condensada e o zume dos limóns e batemos todo…
Despois de probar esta deliciosa receita, fixemos unha ficha co fin de lembrar o seu nome e os ingredientes necesarios para a súa realización.
O número de
iogures que utilizamos vai en función do número de nenos de cada aula…
Etiquetas:
ÁRBORES FROITEIRAS,
AULA,
CURSO 2014-15,
LEIRO,
LIMOEIRO,
LIMÓNS,
LOIS,
RECEITA,
RIBADUMIA A,
RIBADUMIA B,
SISÁN,
XARDÍN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)